Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tomiño presenta o programa socioeducativo É Aprender

O programa busca mellorar capacidades e habilidades do alumnado dos centros educativos do municipio.

O programa busca mellorar capacidades e habilidades do alumnado dos centros educativos do municipio.

Fecha: 19 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño presenta cun video o Programa socioeducativo -É aprender- que busca a mellora das capacidades e habilidades do alumnado dos centros educativos do municipio.
 
 
É Aprender ten como obxectivo principal a mellora de capacidades e habilidades dos alumnos e alumnas dos centros educativos do Concello de Tomiño, brindando apoio escolar dun xeito gratuíto.

Crecemento académico, persoal, creativo e social son os diferentes escenarios baixo os que se encadra este Programa. O proxecto, busca destinar horas tanto a tarefas escolares e técnicas de estudo, como ao reforzo de outros aspectos psico-sociais: a autoestima, a motivación, a dinamización cultural, o traballo en grupo, etc.

O Concello de Tomiño é coñecedor da importancia que ten a busca dunha educación de calidade, polo que o programa continúa desenvolvendo melloras para avanzar cara á excelencia. Unha das boas novas que se introducen este curso é que ademais das reunións de coordinación cos centros educativos que xa se viñan realizando, tamén haberá reunións individuais coas familias con carácter trimestral, o que permitirá unha atención aínda máis personalizada e particularizada.

O proxecto É Aprender resultou un éxito en edicións pasadas, chegando a uns aproximadamente 50 inscritos e inscritas o ano pasado. "Este curso esperamos superar o número de persoas participantes da edición anterior do Programa, xa que continuamos traballando con moita ilusión e empeño para elo", afirmou Blanca Fernández, Técnica de Educación do Concello de Tomiño.

As sesións impartiranse de 16:00h a 18:00h e de 17:30h a 19:30h, en función do grupo escolar, abarcando dende o nivel de 5º primaria ata 2º da ESO. A actividade ten unha periodicidade dun día á semana aínda que, coma novidade, este ano haberá un grupo con sesións dous días á semana.

Trátase dun Programa exemplar que traballa a favor da infancia e da adolescencia, e acadou importantes recoñecementos no eido socio-educativo. É Aprender foi un dos eixos principais que axudou ó Concello de Tomiño á consecución do premio da organización Unicef no seu VII Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal do ano 2014.

As inscricións están abertas para todas aquelas persoas interesadas, e poden facerse no edificio de servizos sociais e cultura ou nos propios centros educativos ao longo de todo o curso. Para máis información, poden poñerse en contacto coa área de educación do Concello de Tomiño no teléfono 986622001 ou no enderezo electrónico aprender.tomino@gmail.com
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones