Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO PUBLICA AS BASES PARA PARTICIPAR NO III CERTAME DE PINTURA AO AIRE LIBRE ANTONIO FERNÁNDEZ

O evento celebrarase o domingo 16 de agosto en Goián, coincidindo cos festexos de San Roque.

O evento celebrarase o domingo 16 de agosto en Goián, coincidindo cos festexos de San Roque.

Fecha: 29 de Julio de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

Poden descargar as bases aquí

Poden descargar os impresos de inscrición aquí


 
O Concello de Tomiño organiza a terceira edición do Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández. O evento terá lugar en Goián o domingo 16 de agosto. As bases para inscribirse poden ser consultadas na web do Concello. O prazo para poder participar amplíase con respecto ao ano pasado e o propio domingo día 16 até as 11h00 poderán inscribirse presencialmente. Até ese día, será por correo electrónico no enderezo alcaldia@concellotomino.com

O Certame de Pintura vai pola súa terceira edición e o fai consolidándose na axenda de certames nacionais. Na pasada edición, o certame contou con máis dunha treintena de pintores procedentes de diferentes puntos da xeografía peninsular.

Os cambios con respecto aos outros anos, cíñense aos horarios da entrega das obras e dos premios. Estes ademáis, son incrementados engadíndose aos xa existentes, 1º premio e 2º premio, un terceiro e un cuarto premio. O Concello de Tomiño corre co financiamento de tres dos catro premios, o restante é a Comunidade de Montes de Goián que subvenciona o segundo premio por importe de 500 euros.

A figura de Antonio Fernández é unha das máis queridas popularmente no Concello, mais o seu recoñecemento fora das nosas fronteiras non ten nada que envexar ao afecto local. Tralo ano Antonio Fernández que adicou 365 a celebrar e dar a coñecer a súa figura, o pintor de Goián conta cun lugar permanente na Aula Museo que leva o seu nome e no que se alberga parte do seu legado grazas a xenerosidades dos veciños e veciñas de Tomiño.

A Concelleira de Cultura, Cristina Martínez, resalta "a importancia de celebrar este tipo de encontros culturais, e sobretodo nestes tempos difíciles nos que a cultura tense visto afectado de especial xeito".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones