Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO SUBVENCIONA 17 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES GRATUITAS DAS QUE SE BENEFICIARÁ O ALUMNADO DE TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS DO MUNICIPIO

Ademáis, conta cunha liña de axudas ao material escolar que solicitaron máis de 300 familias.

Ademáis, conta cunha liña de axudas ao material escolar que solicitaron máis de 300 familias.

Fecha: 18 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño ven de ofertar a través das Anpas escolares, 17 actividades extraesclares gratuitas co fin de que todos os nenos e nenas de Tomiño poidan disfrutar de xeito igualitario de clases deportivas e lúdicas fora de horario escolar.

O compromiso do goberno local de Tomiño coa educación segue sendo unha prioridade. Por esta razón, e como segundo ano consecutivos ofertaráronse 17 actividades extraescolares ao alumnado dos centros educativos de Tomiño. A totalidade dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria son beneficiarios das propostas extraescolares que corren con cargo ao concello.

As actividades desenvolveranse nos centros escolares e son tramitadas a través das anpas. Ofértanse dous días de clases e as actividades inclúen diferentes modalidades segundo as peticións das anpas. Así en coles como Pintor Antonio Fernández, os luns se impartirán clases de Diverciencia (xeito lúdico de iniciarse no mundo das ciencias) en horario de 17h30 a 18h30 e alternar os deportes de voleibol, campo a través, baminton, tenis de mesa, béisbol e rugby ao longo do curso escolar de 16h30 a 17h30.

Os máis pequenos tamén contarán con actividades extraescolares gratuitas. A actividade que se oferta aos grupos de infantil do CEIP Pintor Antonio Fernández, CEIP Tebra, CEIP Barrantes, CEIP Sobrada e CRA Manuel Garcés ten por nome "érase unha vez..." É unha actividade lúdico educativa basada no aprendizaxe a través de contos e historias recreadas e ambiantas.

O alumnado do instituto beneficiarase, pola súa parte de dúas actividades: lingua de signos e zumba.

En total, máis de 1.000 nenos e nenas de Tomiño poderán optar este curso escolar de actividades extraescolares gratuitas.

O Concello de Tomiño, ademáis conta cunha Escola Municipal de Teatro que imparte clases a máis de 50 nenos e nenas e que ten destacado polo seu bo funcionamento. As clases son impartidas pola compañía de teatro Migallas.

A música tamén é outra área formativa que o Concello de Tomiño ten presente. É a escola de música, xestionada pola Agrupación Musical de Goián, a través da cal máis de 150 nenos e nenas se teñen beneficiado das novas instalacións acondicionadas ás necesidades de ditas clases.

Como non podía ser menos, o Concello de Tomiño en vista as difíciles situacións de moitas familias voltou a sacar por segundo ano consecutivo unha liña de subvencións a material escolar. Esta liña de axudas ten sido solilcitada por máis de 300 familias e é compatible con otras liñas subvencións doutras administracións.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca "o interese deste equipo de goberno por mellorar dentro das nosas competencias as condicións da educación no noso concello. Os nenos e nenas de hoxe son o futuro do noso concello e polo tanto o investimento en educación é un ben asegurado."
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones