Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Tui celebra o Ano Castelao cun espectáculo cómico, poético e musical sobre a figura do ilustre autor

Limiar Teatro representará -A lingua na boca. Letras, riscos e pensamentos de Castelao- este xoves, 21 de xullo, na Praza de San Fernando.

Limiar Teatro representará -A lingua na boca. Letras, riscos e pensamentos de Castelao- este xoves, 21 de xullo, na Praza de San Fernando.

Fecha: 21 de Julio de 2016

Fuente: Concello de Tui

Este xoves, 21 de xullo, a partir das 21:30 horas, a Praza de San Fernando acollerá a representación "A Lingua na boca. Letras, riscos e pensamentos de Castealo", da man de Limiar Teatro, que nun espectáculo cómico, poético e musical pretende achegarnos a vida e obra do polifacético Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
"A Lingua na boca" é un espectáculo multidisciplinar que integra música en directo, teatro, manipulación de obxectos e narración oral para xogar coa lingua. Un espectáculo sobre o home, sobre o debuxante, sobre o médico, sobre o político, sobre o escritor. Sobre Galicia e a súa lingua a través dunha achega contemporánea á obra de Castelao. Dicía Castelao: "Se aínda somos galegos é por obra e graza da lingua". A lingua como xeito de entender e coñecer o mundo, a lingua como elemento de unión nun relato cultural compartido.

Durante o espectáculo, totalmente de balde, interpretaranse temas e melodías tradicionais galegos actualizados xogando coas posibilidades creativas que achega unha loop station e interpretados con guitarra, contrabaixo, melódica, zanfona e percusión.

A obra, que se enmarca dentro da celebración do Ano Castealo promovido pola Deputación de Pontevedra, correrá a cargo da compañía galega Limiar Teatro, creada en 2009 á cabalo entre Vigo e Viana do Castelo. Dende entón, as súas máis de 300 representacións en España, Francia, Portugal e Brasil caracterízanse pola integración de diferentes disciplinas artísticas (teatro, danza, música, teatro de obxectos, cociña ou artes plásticas).


Ficha técnica:
Dramaturxia, dirección e espazo escénico: Fran Núñez; Axudantía de dirección: Nuria Gullón e Jose Carlos Illanes; Axudantía dramatúrxica: Manuel Polo; Espazo sonoro, composición musical e arranxos: Brais Iriarte; Axudantía espazo sonoro: Coco Castro; Axudantía composición musical: Hugo Rodríguez Castro; Intérpretes: Brais Iriarte e Fran Núñez.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones