Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O concello do Rosal acolle a exposición -de Pontevedra a Río 2016-

A mostra poderase visitar na Casa Consistorial ata o vindeiro 23 de abril

A mostra poderase visitar na Casa Consistorial ata o vindeiro 23 de abril

Fecha: 11 de Abril de 2017

Fuente: Concello de O Rosal

A exposición fotográfica da Deputación de Pontevedra "De Pontevedra a Río 2016" segue o seu percorrido polas vilas da provincia. Esta mostra, que lles rende homenaxe aos e ás deportistas olímpicos e olímpicas, por unha banda, e paralímpicos e paralímpicas, pola outra, da provincia de Pontevedra que participaron nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos e dos Xogos Paralímpicos, chega á vila do Rosal mañá, 11 de abril, cunha inauguración que se celebrará na Casa Consistorial de Ponteareas ás 13:00 horas e á que asistirán a Deputada provincial de Deportes, Chelo Besada, e a tenente de alcaldía do Rosal, Mª Carmen Alonso.

O Rosal acolle esta mostra itinerante que comezou no Pazo Provincial o pasado mes de outubro e que está a percorrer diversas localidades da provincia como Tui, Cambados, Nigrán, Sanxenxo, Lalín, As Neves, Silleda, A Estrada, Marín ou Ponteareas. Estas nove vilas xa acolleron unha exposición que ten previstas arredor de 20 paradas ao longo deste ano. No concello do Rosal permanecerá ata o domingo 23 de abril cun horario de visitas de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde.

"De Pontevedra a Río 2016" recolle o palmarés dos e das 16 deportistas olímpicos e olímpicas e paralímpicos e paralímpicas da provincia de Pontevedra, nuns paneis individuais nos que se poden comprobar as súas traxectorias deportivas. Os 16 de "Río 2016" son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones