Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello lembra a necesidade de facer un uso responsable da auga ante a prealerta por seca

Augas de Galicia activou a mediados do pasado mes a situación de prealerta hidrolóxica por posibilidade de seca en toda Demarcación Galicia Costa.

A Guarda contará cun novo pozo para o autoabastecemento, cun caudal de preto de 350 metros cúbicos diarios.

Fecha: 03 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda manterá as medidas de aforro e o fomento do uso responsable da auga ante a situación de prealerta hidrolóxica anunciada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación Territorial, a través de Augas de Galicia, o pasado 15 de xaneiro.

Esta nova situación afecta a varios sistemas de explotación da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa no que se inclúe o municipio guardés, unha vez desactivado o estado previo de alerta hidrolóxica. Porén, segundo informan dende a Xunta, a atípica situación meteorolóxica dos últimos meses fai necesario un esforzo conxunto co fin de alcanzar a total recuperación da normalidade hidrolóxica.

Requírese aos veciños e veciñas da Guarda, nesta liña, que manteñan as medidas de aforro nos fogares minimizando o consumo de auga, especialmente nos usos non imprescindibles.

Cara o autoabastecemento
O Concello demandou de Tui durante o peor período da seca -entre os meses de setembro e decembro de 2017- preto de 200 metros cúbicos diarios de auga para a subministración municipal, sobre un consumo diario total de preto de 1.900 metros cúbicos.

Na mesma época, buscáronse solucións ante posibles crises hídricas no futuro, polo que o Concello realizou unha captación de augas subterráneas na zona de Casás cun caudal de 350 metros cúbicos por día. Iso significará, unha vez o pozo estea en funcionamento, que A Guarda poderá autoabastecerse incluso nos períodos de seca máis acusados.

A falta de conectar o novo pozo ao depósito regulador do Monte Torroso, o Concello da Guarda solicitará a colaboración de Augas de Galicia para completar o proceso e poñer en marcha a nova subministración hídrica.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones