Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCERTO DE ?PELEPAU- PUXO A GUINDA Á -V MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS- DA GUARDA

A organización entregou dous diplomas ós postos mellor ambientados do -Mercado Mariñeiro-

A gamela adaptada -A Roncadeira- navegou polo porto da Guarda

Fecha: 28 de Julio de 2015

Fuente: www.aguarda.es

A localidade da Guarda viviu unha fin de semana festiva grazas ás actividades programadas dentro da "V Mostra das Tradicións Mariñeiras", organizadas pola Asociación de Redeiras Atalaia e o Concello.

Tanto o venres, coma o sábado e o domingo, a carpa instalada no Porto do municipio, ofreceu a veciños e veciñas da Guarda, e tamén ós múltiples visitantes, un ambiente moi festivo. Todas as exposicións, os distintos obradoiros de cerámica, cestería ou vidro e as diferentes actividades lúdicas, atraeron a centenares de persoas.

A guinda a esta V edición da mostra foi o concerto que onte ofreceu o grupo "Pelepau". Dende ás 21 horas e ata pasadas as 23 horas, este conxunto formado por dez artistas, animaron ó público e fixeron que este se levantase, aplaudise e cantase durante dúas horas. O terminar a actuación, e non sen antes facer máis dun "bis" o grupo despediuse do seu público entoando o seu último tema entre eles.

O Mercado Mariñeiro, exposto na rúa do Porto tamén foi un moi bo reclamo. Veciños e visitantes pasearon, admiraron e tamén mercaron pezas nestes postos artesanais que ofrecían moitos e moi diversos produtos. A concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, xunto coa Concelleira de Servizos Socias, Teresa Vicente, e representantes da Asociación de Redeiras, visitaron o mercado e decidiron entregar dous diplomas. Un ó stand mellor ambientado e outro o posto que presentaba os produtos de maneira máis axeitada.

O domingo, ademais, as condicións de vento permitiron que a gamela tradicional adaptada "A Roncadeira" puidese navegar polo porto da Guarda para ofrecer un "bautismo de mar" a persoas con mobilidade reducida.
O Concello da Guarda pretende continuar con este tipo de actividades en colaboración co clube deportivo "Alagua".

Con este programación a Mostra das Tradicións Mariñeiras despediuse ata a próxima edición, que espérase, a lo menos, sexa tan especial coma a de 2015.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones