Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CROWDFUNDING DE COSTA DOS CASTROS EN OIA SUPERA O SEU OBXECTIVO DE 10.000?

Apoio masivo e internacional ao patrimonio galego

Apoio masivo e internacional ao patrimonio galego

Fecha: 04 de Noviembre de 2015

Fuente: Costa dos Castros

A campaña de micromecenado de Costa dos Castros pecha cun total de 10.523€, aportados por xente de todo o mundo. Trátase da primeira campaña de crowdfunding arqueolóxico feita en Galicia e segundo a organización, é un auténtico éxito.

A campaña de micromecenado presentouse en xullo para apoiar o patrimonio arqueolóxico e natural de Oia, da man de catro Comunidades de Montes deste municipio. Catro meses, 90 colaboradores e máis de 10.000 euros despois, a comunidade da Costa dos Castros está de celebración.

As últimas horas do sábado 30 de outubro, o día de peche da campaña, foron moi activas nos dispositivos dos membros da Costa dos Castros. "Estabamos a un 98 por cento e queriamos chegar ao cen por cen. Comezamos a chamar, mandar mensaxes e a movelo nas redes sociais. Ao final conseguímolo", sinala Xosé Gago, coordinador de Costa dos Castros.

Esas frenéticas últimas horas foron produto de meses de traballo. A campaña iniciouse a principios de xullo deste ano e o obxectivo era acadar 10.000 euros para levar a cabo proxectos arqueolóxicos en Oia, concretamente no castro de Chavella e no petróglifo de Auga dos Cebros, así como a creación dun arboreto en Mougás.

"Lanzámonos á aventura. Nunca se fixera nada así en Galicia e non sabiamos como resultaría. Tiñamos a seguridade de que por pouco que lográsemos recadar, axudaría ao proxecto, pero acadar o cen por cen é un auténtico fito" apunta Gago.

Un proxecto a escala mundial

Independentemente do financiamento, a campaña de micromecenado tiña tamén unha intención de marketing. Realizouse coa axuda da empresa británica DigVentures que xa levara a cabo con éxito campañas semellantes no Reino Unido.

A través de DigVentures o proxecto galego chegou a fogares de todo o mundo. Na campaña de Chavella participou in situ xente de Estados Unidos, Escocia e Inglaterra, pero a comunidade virtual creada en torno a Costa dos Castros chega a moitos máis países.

"Tiñamos varios obxectivos marcados para este ano e a día de hoxe podemos dicir que acadamos todos" afirma Gago. A internacionalización era un factor clave neste ano. Entre as consecuencias positivas disto, falouse do petróglifo de Auga dos Cebros na publicación de arqueoloxía on line máis seguida de Europa, Popular Archaeology, así como nas redes sociais de Past Horizons, onde unha foto dun panel de petróglifos de Oia acadou rápidamente máis de 2.000 gústame en Facebook, 120 compartidos e máis de 100 comentarios.

"Isto amosa a escala do que estamos a acadar" comenta Xosé Gago. "Estamos a poñer a arqueoloxía de Oia, e por ende a galega, no lugar que lle corresponde en canto a repercusión mundia".

Un ano moi completo

En apenas seis meses de vida Costa dos Castros é un proxecto plenamente consolidado. Neste tempo fixéronse tres actuacións arqueolóxicas (nos castros de A Cabeciña, Cano dos Mouros e Chavella), pero tamén "presentouse unha cervexa propia para promover o proxecto, superáronse as 500 visitas guiadas nun mes no castro da Cabeciña, promoveuse un intercambio cultural coa Universidade de Portland; organizouse un ciclo de charlas divulgativas, visitas esclolares e actividades para os veciños... E agora podemos dicir que tamén internacionalizouse o proxecto e completouse con éxito a primeira campaña de crowdfunding arqueolóxico".

"Iso por citar algo, seguro que deixamos cousas atrás", comenta Gago, "pero o máis ilusionante é ver que isto se pode facer soamente co apoio da xente, cun orzamento baixo e o financiamento das Comunidades de Montes. Trátase de traballar duro, moi duro, pero tamén de planificar, de xestionar e, sobre todo, de atreverse".

Na páxina web da campaña de micromecenado pódese consultar os distintos proxectos aos que se van destinar as achegas: http://digventures.com/projects/costa-dos-castros/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones