Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CROWDFUNDING PARA ESCAVAR UN CASTRO E RECUPERAR UN PETRÓGLIFO EN OIA SUPERA O 50%

O recadado destinarase a unha escavación no castro da Cabeciña, á limpeza do petróglifo de Auga dos Cebros e á creación dun souto de castiñeiros micorrizados

Actualmente están en marcha as visitas guiadas á escavación no castro de Chavella.

Fecha: 28 de Mayo de 2016

Fuente: Costa dos Castros

A campaña de micromecenado posta en marcha pola Asociación Costa dos Castros en colaboración coa plataforma británica DigVentures supera a metade do obxectivo marcado. Concretamente, ata o momento recadouse 5.415€, un 55% do obxectivo.

 

Mediante esta campaña a Asociación Costa dos Castros pretende financiar parte do seu proxecto de desenvolvemento rural, arqueolóxico, turístico e forestal.

 

"Trátase dun proxecto integral sobre a paisaxe" comenta Xosé Gago, coordinador do proxecto. "É emocionante ver como xente de todo o mundo, dende India ata Lugo está a axudarnos a dinamizar esta zona."

 

Os particulares poden participar co micromecenado na plataforma de DigVentures e alí atopar distintos niveis de participación con distintas recompensas. Os colaboradores poden obter broches dun machado da Idade de Bronce, caixas gourmet con produtos da zona, apadriñar un castiñeiro ou ter unha camisola co petróglifo de Auga dos Cebros.

 

Precisamente este petróglifo será un dos destinatarios do que se recade na campaña. Trátase dun gravado único en Europa, representando unha embarcación mediterránea do segundo milenio a.C. nun contexto atlántico. "Os cartos irán destinados á limpeza do gravado e á súa posta en valor," explica Gago.

 

Outro dos proxectos aos que se destinará parte do crowdfunding é á creación dun souto na Comunidade de Montes de Santa María de Oia. Encaixa coa vertente de xestión forestal do proxecto e se pretende substituír unha área de eucaliptos por castiñeiros. As árbores ademais están micorrizadas, é dicir, preparadas para que produzan cogomelos e a empresa produtora, Hifas da Terra, aportará cinco árbores por cada dez que se adquiran. Calquera pode apadriñar un destes castiñeiros mediante a campaña.

 

O terceiro proxecto que se axudará a levar a cabo mediante o micromecenado é a escavación dunha cabana da Idade do Ferro no castro da Cabeciña en Mougás. A intervención terá lugar en outubro e contará con participación internacional. A xente pode colaborar economicamente e participar nun curso de arqueoloxía que se realizará en paralelo á intervención.

 

Patrimonio aberto ao público

 

O equipo de Costa dos Castros está traballando actualmente no castro de Chavella, en Santa María de Oia. O xacemento está aberto aos visitantes e os sábados e domingos ás 12:00 ata o 5 de xuño hai visitas guiadas gratuítas para ver os traballos.

 

Os meses de xullo, Agosto e Setembro a Asociación Costa dos Castros en colaboración co Concello de Oia e a adega Terras Gauda organizará visitas guiadas gratuítas a elementos patrimoniais da zona como o Castro e petróglifos da Cabeciña, o conxunto do Mosteiro de Oia e barrio de Arrabal, e outros castros e petróglifos das inmediacións.

 

Na páxina web www.costadoscastros.com pódese atopar máis información sobre o proxecto e como colaborar. A ligazón directa á campaña de micromecenado é http://www.digventures.com/projects/costa-dos-castros-2016/.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones