Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA, JOSÉ MANUEL CORES TOURÍS E O XEFE TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CÉSAR PEREZ ARES, ACOMPAÑADOS POLO ALCALDE DA GUARDA, ANTONIO LOMBA, VISITARON O CEIP A SANGRIÑA

Estas obras que se fixeron eran imprescindibles tanto por hixiene coma por seguridade

Estas obras que se fixeron eran imprescindibles tanto por hixiene coma por seguridade

Fecha: 04 de Septiembre de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o Xefe Territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, acompañados polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitaron o CEIP A Sangriña e puideron observar os resultados das últimas obras realizadas a través da financiación da Xunta e do propio Concello.

Nesta visita, na que tamén estiveron presentes a Concelleira de Educación Elena Baz, a directora do centro, Sabela Pérez e a portavoz dos populares Conchi Ortega, tanto Cores Tourís coma Pérez Ares puideron observar o cambio da cuberta do patio exterior e as novos baños, tanto da primeira, coma da segunda planta. Obras nas que se inverteron un total de 30.000 euros.

"Estas obras que se fixeron eran imprescindibles tanto por hixiene coma por seguridade", afirmou o alcalde durante a visita.

Durante o encontro, tanto o alcalde Antonio Lomba, coma a Concelleira Elena Baz e por suposto a directora do Centro, informáronlle os responsables das distintas deficiencias que aínda existen no colexio.

Neste punto, tanto o delegado territorial da Xunta coma o xefe territorial de Educación comprometéronse a facer e a estudar e realizar diferentes actuacións.

"Hoxe vimos a ver rematados os traballos dunha primeira fase. Hoxe adquirimos o compromiso de cambiar a cuberta do almacén anexo ó edificio e a estudar as obras de mellora dos baños exteriores", declarou Pérez Ares.

Ademais, durante este percorrido José Manuel Cores Tourís, fixouse no mal estado dunha parte do pavimento do patio cuberto. O cambio do chan é outras das peticións que dende o Concello e o centro lle farán a Xunta.

 

"Debido ós anos que ten este colexio -afirmou o alcalde da Guarda- cada ano débese investir un pouco xa que ten moitas cousas que arranxar". Antonio Lomba confía que dende a Xunta continúen sendo sensibles coas actuacións e as reformas dos centros educativos desa vila.

Cores Tourís, non dubidou en agradecer a colaboración dos diferentes concellos e tamén da Deputación de Pontevedra nas distintas actuacións e defendeu a colaboración das administracións. "Este tipo de actuacións son beneficiosas para todos os veciños", comentou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones