Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O departamento de mobilidade da Deputación traballa na redacción dun proxecto para un acceso alternativo ao Porto de A Guarda

A nova estrada permitiría un tratamento da rúa Concepción Arenal máis orientado aos peóns.

A proposta dunha nova vía para o Porto considerouse unha -acción estratéxica- no Plan de Mobilidade presentado pola institución provincial en febreiro

Fecha: 15 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A nova estrada permitiría un tratamento da rúa Concepción Arenal máis orientado aos peóns. O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, asegurou hoxe que a Deputación de Pontevedra está a traballar na elaboración dun proxecto para crear unha nova vía de acceso alternativo ao Porto de A Guarda. Os técnicos provinciais están a avanzar neste sentido despois de que o goberno local da vila solicitase axuda para desenvolver a iniciativa. A nova estrada está considerada como unha "acción estratéxica" no Plan de Mobilidade presentado pola Deputación o pasado mes de febreiro, un documento que o concello pretende utilizar como folla de ruta a curto, medio e longo prazo para ordenar o espazo público do municipio de forma eficiente.

O Estudo de Mobilidade e Espazos foi elaborado logo dun proceso participativo no que se tiveron en conta as opinións dos veciños e de diferentes sectores económicos e políticos por medio de reunións e enquisas. Este documento considera que é necesario enlazar a zona portuaria mediante eixos de comunicación máis eficientes que os actuais para os vehículos, evitando que camións de grandes dimensións e tonelaxe teñan que pasar polo núcleo da vila a través de Concepción Arenal. Así, o estudo propón retomar e potenciar o proxecto de ‘Acceso Sur' que leva varios anos en estudo -pendente da Xunta de Galicia-.

Dada a importancia do proxecto e, ante a paralización do goberno autonómico, a Deputación está adiantando pasos para desenvolver propostas para a nova vía. A raíz de aí, preténdese que a Xunta se implique na execución dunha arteria de comunicación que debe ser da súa competencia.

É preciso lembrar que a construción da estrada alternativa ao Porto permitiría un desenvolvemento do centro urbano e da rúa Concepción Arenal en particular apostando por un deseño máis orientado a promocionar a mobilidade peonil, segura, sustentable e inclusiva.

Outras das propostas do Plan de Mobilidade para A Guarda, hai que lembrar, eran a peonalización do casco vello, priorizar os tránsitos peonís nas vías principais, redeseñar progresivamente as rúas do resto da vila, e crear unha rede de bolsas de aparcamento en localizacións estratéxicas co fin de eliminar aparcamentos irregulares nas estradas, gañando esas áreas para o uso da veciñanza. Tamén se sinala a necesidade de crear camiños escolares seguros cara a zona da Santiña e dos equipamentos deportivos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones