Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O deputado Carlos Font visitou na Guarda a rehabilitación e construción do miradoiro do Pirún

O deputado provincial lembrou que o investimento do Plan neste ano 2017 para A Guarda sitúase en preto de 800.000 ?

O deputado provincial lembrou que o investimento do Plan neste ano 2017 para A Guarda sitúase en preto de 800.000 ?

Fecha: 15 de Febrero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial, Carlos Font, acompañado polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitou na mañá deste martes na vila algunhas das actuacións desenvolvidas no marco do Plan Concellos 2016, entre as que se atopan a rehabilitación e construción do miradoiro de Pirún. En concreto, esta obra, enmarcada na liña 1 do plan, supuxo un investimento de preto de 40.000 € a través dos cales se mellorou unha infraestrutura municipal e se configurou un novo espazo de lecer, ocio e tempo libre.

En concreto, tal e como informou o deputado provincial, "a achega da Deputación de Pontevedra permitiu á Guarda rehabilitar e construír o miradoiro do Pirún, o que permite facilitar o tránsito das veciñas e ós veciños desta zona cara ao porto e o acceso ás súas vivendas, así como crear un novo recurso turístico no concello, posto que desde este lugar temos unhas espectaculares vistas da costa da Guarda".






Carlos Font lembrou que o Plan Concellos 2016 destinou á Guarda un total de 719.969,26 € o que supón un 30% máis que durante o 2015. Tamén subliñou o deputado que "grazas a este plan, amais das obras do miradoiro do Pirún, aprobáronse, no marco da liña 1, investimentos para impulsar o aforro enerxético na vila, mellorar o pavillón das Solanas, reparar o campo de fútbol municipal, adquirir diverso mobiliario urbano ou acometer diversas obras de mellora nos parques infantís da Guarda".


O deputado tamén recordou que "durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra fixo un investimento de preto dun millón de euros na vila da Guarda, facendo que os veciños e as veciñas deste concello poidan ter unha mellor calidade de vida" e reiterou que "este Goberno provincial seguirá apostando polos pequenos concellos, que son os que máis necesitan a actuación directa da Deputación de Pontevedra".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones