Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O deputado provincial Santos Héctor reclama a saída sur de Vigo para a conexión ferroviaria con Portugal

A presentación do proxecto de modernización del tramo entre Viana do Castelo e Valença realizouse na mañá deste venres en Valença

A presentación do proxecto de modernización del tramo entre Viana do Castelo e Valença realizouse na mañá deste venres en Valença

Fecha: 18 de Marzo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial participou no país veciño na presentación do proxecto de modernización da liña entre Valença e Viana e asegurou que "fronte a desidia do goberno Rajoy, Portugal fai os deberes". deputado provincial de Turismo, Santos Héctor, volveu hoxe a insistir na necesidade de garantir unha saída cara o Sur dende Vigo para garantir unha perfecta conexión ferroviaria con Portugal e que a conexión do país veciño con Europa sexa ó través da cidade olívica. Santos Héctor participou hoxe na presentación do proxecto de modernización del tramo entre Viana do Castelo e Valença que fixo o goberno portugués para cumprir co acordo de potenciación do transporte ferroviario do Eixo Atlántico.

O deputado provincial insistiu na nacesidade da saída Sur do AVE para dar continuidade o trazado e garantir a conexión ferroviaria con Portugal. Precisamente, no Parlamento de Galicia aprobouse esta mesma semana unha iniciativa para instar ao goberno español a incluir na próxima xuntanza bilateral co goberno portugués do mes de maio este asunto na orde do día.

Santos Héctor lembrou que esta conexión é un instrumento indispensable para o desenvolvemento da cidade máis importante de Galicia e da provincia no seu conxunto e, especialmente na súa parte Sur. "O desenvolvemento económico de Galicia pasa por ter un transporte adaptado as necesidades do século XXI e iso pasa por ter un tren cunhas prestacións axeitadas e non un tren do século XIX no territorio máis dinámico da Comunidade", subliñou Santos Héctor.






Por elo o deputado provincial esixiu o goberno central e a propia Xunta de Galicia a que traballen conxuntamente para acadar esta saída Sur, que conectaría a estación de Urzaiz onde conclúe o tramo de alta velocidade de Vigo, coa fronteira portuguesa en Tui.


"Este treito é fundamental para a cidade de Vigo e de toda a provincia polo que o Goberno do Partido Popular ten unha obriga que cumprir coa cidadanía da metade da provincia e non só con electrificar un pequeno tramo mantendo un trazado antigo e con pasos peonís no seu traxecto", conclúe Santos Héctor.

Por último, Santos Héctor destacou que dende a Deputación "imos a estar vixiantes" para acadar esta saída Sur por ser unha demanda dos axentes económicos e sociais de Vigo e de toda a provincia de Pontevedra dende fai varios anos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí