O escritor guardés Francisco Alvarez Koki, ven de participar en Córdoba na presentación da revista Saig?n, na mítica Carbonería de Sevilla nunha lectura poética, e tamén aproveitou para firmar exemplares do seu libro "Olivia e o clarinete máxico", na feira do libro de Sevilla.
-Olivia e o clarinete máxico-
Olivia, encántalle subir o faiado da casa dos seus avós, para buscar tesouros de outros tempos. E alí, un bó día, atopa o clarinete do seu bisavó Pepe. Un instrumento moi especial que tocaba cando ela inda estaba no ventre da súa nai, e que cambiará a vida da pequena para sempre.
Descobre esta fantástica historia, sobreo valor das tradicións familiares e o amor pola música.
Con ilustracións de Milo Baz.
Xa dispoñible en todas as librerías
Francisco Álvarez Koki:
A Guarda 1957
Escritor galego e animador cultural. Autor tanto en galego como en Castelán. Residente en Nova Iork onde fundou o colectivo, Celso Emilio Ferreiro, para espallar a cultura galega.
Seus últimos libros publicados en galego son:
(literatura infantil ilustrada) Un neno na emigración, Vasoiras Barreiro, edicións Fervenza 2018.
(poesía ) A memoria das palabras, edicións Fervenza 2018.
(narrativa ) Ratas en Manhattan, edicións Sotelo Blanco 2007.
En Castelán publicou:
(Poesía infantil ilustrada) El libro de Lourenzo, Ed. Sial Pigmalión 2018
Erótica…2 ( antología de toda a poesía amorosa do autor). Sial Pigmalión 2017. Sombra de Luna Sial Pigmalión 2015 : Premio Escriduende, o mellor libro de poesía social da feira do libro de Madri 2016.
Participou nos seguintes libros: Cuando llegamos ( experiencias migratorias ). Academia norteamericana da lingua espanola. Edición de Gerardo Piña. 2020. Escritores españoles nos Estados Unidos. Ed de Gerardo Piña Rosales. Academia norteamericana da lingua española. Seis narradores españoles en Nova York, Edicións Dauro Granada 2006. Mapa de Nova York. edicións El Vigía Granada 2000. Al fin del siglo ( 20 poetas ) Ollantay Press 2000. Geometría y angustia. Antologia de poetas espanoles en Nueva York. Edición de Julio Neira para a fundación José Manuel Lara Sevilla 2012.
Foi editor dos seguintes libros: Luna y panorama sobre los rascacielos (poetas españoles en Nova York) Ed. Do consulado general de Españoles en Nueva York. 2019. Rio – Mar. Edición da Asociación cultural Piueiro. 2019.


