Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O escultor tomiñés Antúnez Pousa abre as portas do seu estudio na Ruta de Artes e Oficios deste xoves

A actividade é de balde e a saída está prevista ás 20.30 dende o campo de fútbol do Alivio

A actividade é de balde e a saída está prevista ás 20.30 dende o campo de fútbol do Alivio

Fecha: 26 de Julio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

As Rutas de Artes e Oficios organiadas polo Concello de Tomiño fan unha parada este xoves na obra do escultor tomiñés Antúnez Pousa. A saída será ás 20.30 dende o campo de fútbol do Alivio e dende partirase ata o estudio do artista, que abrirá as súas portas para aqueles interesados en coñecer a súa obra. A actividade é de balde e para todos os públicos e só é preciso insribirse na páxina web do Concello no seguinte enlace: http://tomino.gal/inscricion-de-actividades-de-arte-e-patrimonio/

O obxectivo das Rutas de Artes e Oficios é dar a coñecer a riqueza cultural e patrimonial do municipio. Pero dun xeito directo e diferente, coma é a visita aos talleres e estudos dos artitas locais co fin de coñecer de primeria man as súas obras e os procesos de traballo, así coma os materiais que cada un emprega para as súas creacións.

A primeira das rutas deste ano celebrouse o pasado 12 de xullo e dirixiuse a estudo de escultura e cerámica de Lilya Pobornikova e Nando Álvarez. A terceira será o 9 de agosto, coa pintora Pilar Alonso como protagonista e, a cuarta e última, o 30 de agosto co escultor Xuxo Vázquez. O ano pasado participaron nas Rutas de Artes e Oficios cinco artistas afincados en Tomiño: Eulalia Jackson, Magín Picallo, Fundición Arte Bronce e Carlos Fernández.

Antúnez Pousa, nado en Tomiño no 1945, é un dos artistas máis recoñecidos da comarca do Baixo Miño. A súa obra está presente en coleccións particulares e en diferentes espazos públicos de Galiza. Entre as súas creacións máis destacadas hai que mencionar o monumento ao Cabaqueiro na Praza do Calvario do Rosal, o monumento a Avelino Vicente González no centro cultural da Guarda ou o Pescador do Meixón na Praza do Seixo. As súas esculturas mostran o interese pola materia, da que consegue sacar todo o seu potencial a través das diferentes texturas e posibilidades que lle da ao material co que traballa, principalmente granito, mármore e bronce.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí