Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O festival Sinsal SON Estrella Galicia pecha este martes 29 de agosto, a súa edición de 2023 coa presentación do Escenario Océano x FEST Galicia

O Mosteiro de Oia acollerá, entre as 19:00 e as 21:00 horas, unha xornada cuxas entradas xa están esgotadas, e que incluirá o Concerto das Donas, cun repertorio con obra de mulleres compositoras do Renacemento e do Barroco, e actividades de divulgación do

O Mosteiro de Oia acollerá, entre as 19:00 e as 21:00 horas, unha xornada cuxas entradas xa están esgotadas, e que incluirá o Concerto das Donas, cun repertorio con obra de mulleres compositoras do Renacemento e do Barroco, e actividades de divulgación do

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Agosto de 2023

Fuente: Comunicación Festival Sinsal

O festival Sinsal SON Estrella Galicia 2023 bota o pano cunha xornada dedicada á visualización tanto do talento feminino coma do patrimonio cultural, histórico e natural. A presentación do Escenario Océano x FEST Galicia no Mosteiro de Oia será o ramo desta edición, unha actividade que, a modo de epílogo, tende pontes coa edición de 2024 do evento. As entradas están esgotadas.

A xornada comezará ás 19.00 horas cunha actividade divulgativa. Por unha banda, celebrarase unha visita guiada ao propio Mosteiro de Oia, duns 45 minutos, na que se farán tres paradas (Praza de Armas, Claustro e Patio das Laranxeiras). Pola outra, terá lugar unha unha introdución ao mundo submarino da ría de Vigo dun xeito novidoso, accesible e minimamente intrusivo, grazas ás lentes de realidade virtual, da man da cooperativa dedicada á divulgación e conservación do medio mariño 13 GRADOS.

O broche dourado será o Concerto das Donas (20.00 horas). O ensemble conformado por Pilar Moráguez, Marta López, Elena Vázquez e María José Pámpano ofrecerá un repertorio con obras de destacadas compositoras dos séculos XVII e XVIII, como Francesca Caccini, Isabella Leonarda, Bárbara Stroozi ou Élisabeth Jacquet de La Guerre. Con este Concerto das Donas, Sinsal SON Estrella Galicia pechará a edición de 2023 poñendo en valor non só un rico patrimonio artístico, senón o papel das pioneiras na profesionalización da muller no eido da música.

  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí