Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GES ESIXEN MEDIOS E MATERIAIS AO CONCELLO DA GUARDA

A sección da CNT no GES da Guarda alerta máis unha vez da falta de medios de seguranza e prevención

? O EPI fornecido polo Concello é insuficiente e o GES realiza igualmente o seu labor por non deixar desamparados os veciños e veciñas

Fecha: 01 de Febrero de 2016

Fuente: CNT Compostela

A Sección de sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda alerta unha vez máis da falta de medios e material en materia de seguranza e prevención para a realización do seu labor nos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda.

O equipamento co que contan os GES de A Guarda desde fai anos "é un EPI mínimo de chaqueta e cubrepantalón" insuficiente para as distintas tipoloxías de intervención que aínda así se realizan "como se pode" e "por non deixar tirados aos veciños e veciñas" como declara un dos bombeiros guardeses.

Tras as declaracións en prensa o pasado ano por parte do Concelleiro de Emerxencias Miguel A. Español anunciando a chegada de novo equipamento e medios, a realidade é que os GES continúan na mesma situación de precariedade co agravante do continuo deterioro e desgaste que sofren os medios e materiais en cada intervención.

Segundo CNT, esta situación "facilmente solventable con vontade política" constitúe un importante risco a maiores para a integridade física dos traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias nun traballo xa perigoso de por si, tal como se lle deu traslado ao Concello da Guarda que é "perfectamente consciente" da problemática dos GES que, recordan "repercute na atención á cidadanía dos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda".

Segundo indican fontes do sindicato agárdase que a reunión comprometida co Concelleiro de Emerxencias Miguel A. Español para esta primeira semana de febreiro "impoña racionalidade" antes de que ocorra algunha desgraza evitable.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones