Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O goberno da Guarda rexeita liberar a zona da Alameda do botellón e arranxar a entrada do cemiterio

Son dúas das tres mocións que o PP da Guarda defendeu no último pleno municipal.

Son dúas das tres mocións que o PP da Guarda defendeu no último pleno municipal.

Fecha: 29 de Noviembre de 2016

Fuente: PP de A Guarda

O Partido Popular da Guarda quedou só nas súas propostas de liberar a zona da Alameda do botellón e arranxar a entrada do cemiterio, dúas iniciativas que defenderon no pleno municipal e que atoparon o rexeitamento do Goberno socialista.

A voceira popular, Conchi Ortega, lamenta que dúas propostas que partiron dos propios cidadáns e ás que o PP puxo voz, quedasen sen solucións. "Temos que comunicarlle a quen nos pediu encarecidamente esta moción, tanto polo seu descanso como porque os nenos teñan un espazo no que xogar os domingos, que non puido ser, que só o PP votou a favor desta moción", explica. Ademais, lamenta que "a pesar de que se propoñían alternativas de ocio para a mocidade, nunca é suficiente para o resto de grupos". Por este motivo, Conchi Ortega os reta a que "presenten unha alternativa, porque o que está claro é que o non polo non nunca é unha solución".

A moción que si recibiu o apoio unánime da corporación foi a que o PP presentou para apoiar a flota palangreira, moi numerosa na Guarda e pedir que os tripulantes de palangreiros teñan un coeficiente de xubilación xusto, do 0.40, de acorde coas dificultades do seu traballo, polo que propoñen que se cambie a norma aprobada polo Ministerio de Traballo en 2007.

Conchi Ortega pón en valor o traballo que está desenvolvendo o PP local pleno tras pleno, propoñendo medidas para mellorar a calidade de vida dos guardeses e mesmo solucións a problemas municipais, ben a través de mocións, rogos ou preguntas. "Fixemos mocións relacionadas coa Guarda, e máis de 30 preguntas e rogos sobre o concello", recorda. "Obtivemos alguns compromisos como arranxar a Rua dos Casás, ou limpar de maleza as docas do Pasaxe, lamentamos no ter conquerido compromiso de data de arranxo da ultima fase da Rua a Cal pero en xaneiro insistiremos"

Conchi Ortega tamén manifestou " que foi sorprendente que dous partidos que gobernan xuntos na Deputación, PSOE e BNG se enfrenten por planes posto en marcha pola Deputación en A Guarda, xa que se rexeitou o plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra no pleno"

Ademais, a voceira popular contrapón as mocións que o PP defende sobre cuestións municipais guardesas, coas mocións tipo cociñadas en Santiago, que presentan outro grupo da oposición no pleno da Guarda e que son exactamente iguais en todos os concellos da provincia. "Nós non vamos ao pleno a facer alta política, estamos nun concello e queremos falar e pactar, si é posible, solucións que afectan aos veciños, así como controlar a xestión do grupo de goberno", apunta Conchi Ortega. Sobre isto, ironizou con que "estamos facendo do pleno unha sesión de control o goberno galego e nacional, e proba disto é que Ana Pontón levou esta semana ao Parlamento galego na sesión de control, cuestións que presentou o BNG no pleno da Guarda".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones