Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O goberno de A Guarda, apoiado por outros grupos da oposición, rexeita ter de inmediato solo industrial na vila

Votamos en contra da proposta do BNG de peonalizar Concepción Arenal na actual situación, porque é a única alternativa para acceder ao Porto.

O Partido Popular pensa que con se unha sola empresa puidera establecerse, xa valería a pena polo emprego e as siñerxias que xeraría.

Fecha: 07 de Abril de 2017

Fuente: PP de A Guarda

O Partido Popular da Guarda quedou só na súa proposta (a única viable a dia de hoxe), de ter solo industrial de inmediato, segundo o plan urbanístico vixente na Guarda. Os argumentos do BNG foron "que non tiña moito tamaño" esta zona de San Roque. Pois o Partido Popular pensa que con se unha sola empresa puidera establecerse, xa valería a pena polo emprego e as siñerxias que xeraría. Segundo os cálculos dos populares, e sen afondar moito, poderían entrar mais de 10 naves como a do supermercado mais grande que hai en San Roque, por facer unha comparativa visual fácil. Segundo a portavoz popular Conchi Ortega: "Algúns concelleiros aproveitaron a oportunidade para facer política autonómica con esta moción, en vez de mirar polo futuro do traballo e do concello, están máis en Santiago ou en Vigo que na Guarda".
 
Os populares lamentan tamén que unha demanda urxente dos veciños: que se parase de facer buracos na Praza do Reló, tampouco tivese apoio. O resultado foi que o Alcalde socialista ao luns seguinte do pleno, mudou o trazado e fixo buracos por outro sitio distinto na soleira de pedra da Praza do Reló, xa que a moción de paralizala obra mentres non se soubera o lugar idóneo, non prosperou.
 
"Sabemos que outros grupos, por moi boa que sexa para os guardeses unha moción do PARTIDO POPULAR de A Guarda, non poden votala a favor só porque o propón o PP, por atender ás directrices de Santiago, pero ben que corren ao día seguinte á prensa a denunciar o que no pleno denunciou o Partido Popular. Todo é "coherencia" no BNG: primero se absteñen da nosa moción de paralizar a desfeita do alcalde na praza do Reló, e logo din o contrario na prensa".
 
Conchi Ortega afirma: "Nós votaremos a favor de tódalas propostas que consideremos adecuadas para a Guarda, e que conten co consenso dos veciños, veñan de quen veñan, as siglas non nos importan. Os plenos convócanse para decidir sobre cuestións de A Guarda, non para aproveitar a rachar contra o Partido Popular e facer ruído. Nós os populares non facemos así, de feito votamos a favor dunha mocion sobre os arranxos do temporal, ainda que xa levaban traballando a Xunta no dique dende o 10 de marzo".
 
Igualmente os populares senten que as súas propostas de turismo non foran tidas en conta, como colocar vallas publicitarias, adecentar as rotondas, poñer indicadores dos puntos de interese nas rúas e colocar casetas de turismo nas entradas da vila. "Sabemos que chega a Semana Santa e que nin haberá persoal no Trega para informar a os turistas.
 
A voceira popular di que lamenta moito máis que as propostas da iniciativa privada, a que está a crear emprego na Guarda, a que atrae e da servizo os turistas, non só non se teñan en conta polo goberno e certos grupos da oposición, senón que nin siquera se lles deixe falar no pleno."
 
Conchi tamén se queixa da inacción do goberno socialista: "Os populares fixemos rogos e preguntas dos veciños que no nos foron respostados, podemos pór como exemplo que levamos varias sesións pedindo o borrador dunha ordenanza de Asuntos Sociais para emerxencia aprobada en pleno, e ainda non escoitamos unha sola palabra por parte da Concelleira delegada de cando a vai traela.
 
Igualmente o Partido Popular di que leva dous anos pedindo unha ordenanza para cobrar servizos do Ges, asi como mellorar as condicións de traballadores pero tampouco parece que sexa unha prioridade para o goberno municipal. Respecto deste asunto, a voceira remata dicindo: "Alguén terá que dar explicación dos cartos que estamos a perder por isto, que se quedan na súa maioria nas compañias de seguros, enriquecendo as compañias cos cartos dos guardeses e todo por non traer un documento a pleno".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí