Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Grupo Antorcha cumpre 40 anos de intensa actividade

Celebran o vindeiro sábado día 19 de novembro o Concerto de Outono ás 20:30h na Igrexa parroquial coa participación de María José Baz, Grupo Antorcha e o Coro Cantábile.

Celebran o vindeiro sábado día 19 de novembro o Concerto de Outono ás 20:30h na Igrexa parroquial coa participación de María José Baz, Grupo Antorcha e o Coro Cantábile.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O Grupo Antorcha da Guarda cumpre neste ano o seu 40 aniversario, unha longa traxectoria que naceu no ano 1981 baixo o nome “Rondalla del Recreao Artístico Guardés, para pasar a chamarse “Rondalla cultural guardesa” e agora na actualidade Grupo Antorcha.

 

Baixo a dirección da cantautora guardesa María José Baz, o Grupo Antorcha ten participado en diversos concursos, concertos e festivais de toda Galicia, colaborando tamén con corais e diversos grupos en actos culturais de toda a xeografía española e do norte de Portugal, pasando polos estudos de gravación da TVG, en programas como “Galicia Enteira” ou “Desde Galicia para el mundo” e tamén en Radio Obradoiro, no seu programa “Estamos contigo”.

 

O Grupo Antorcha componse maioritariamente de mulleres, ás que as une a súa paixón pola música, reuníndose varias veces á semana para realizar os ensaios e preparar os temas, con cancións románticas, populares, modernas e relixiosas.

 

A vindeira actuación do grupo Antorcha será o sábado día 19 de novembro ás 20:30h na Igrexa Parroquial da Guarda, onde compartirán escenario con María José Baz e o Coro Cantábile.

 

 

María José Baz

A Cantautora guardesa María José Baz iníciase na música aos 12 anos, participando dende aquela en numerosos festivais, actos, exposicións e concertos. Na súa traxectoria pasou pola TVG, Radio Tui, a Radio Galega, colaborando no seu programa “Pensando en Ti” ou Radio Obradoiro no seu programa “Estamos contigo”.

Publica o seu primeiro traballo discográfico no ano 2010 baixo o título “Crepúsculo Mental”. Dirixe o Grupo Antorcha e é Monitoria de guitarra coma actividade extraescolar en diversos colexios do Baixo Miño.

 

Coro Cantábile

O coro xurde no 1986 como coro da catequesis para máis tarde pasar a chamarse coro Arpegios, primeiro infantil e despois xuvenil de voces mixtas. Durante a súa traxectoria percorreron varios lugares de España, País Vasco, Barcelona, Madrid... e tamén Portugal e Francia acadando un gran nivel con gran esforzo e adicación.

 

A partir do ano 2007, José Luis Lorenzo Rodríguez continúa como presidente e pasa a asumir a dirección dona Lucía Alonso Castro. Xa para aquel entón o coro inicial Arpegios se tiña dividido en dúas formacións: Coro Arpegios, infantil e Coro Cantábile, xuvenil e adulto.

 

No ano 2016 toma a batuta Don Avelino Ferreira López, director actual, e dende a súa incorporación, o Coro Cantábile ten continuado promocionando a música como hobby, interpretando temas de distintas épocas, estilos e orixes xeográficos, obras profanas e relixiosas, clásicas e contemporáneas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí