Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O grupo Helen & Shanna actúa na Praza do Reló da Guarda o vindeiro 5 de decembro

? Charla previa ao concerto a cargo de Fernando Rego sobre Unha historia da música en Galicia. 1952 ? 2018 no Salón de Plenos ás 11:30h.

? Charla previa ao concerto a cargo de Fernando Rego sobre Unha historia da música en Galicia. 1952 ? 2018 no Salón de Plenos ás 11:30h.

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Diciembre de 2020

Fuente: Concello da Guarda

  • “Música nos Xardíns” volta en formato sesión vermú con Helen & Shanna na Praza do Reló
  • Charla previa ao concerto a cargo de Fernando Rego sobre “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018” no Salón de Plenos ás 11:30h.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, retoma o proxecto “Música nos Xardíns”, paralizado por mor da pandemia da Covid-19 no mes de agosto, para por en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila.

Debido a pandemia do COVID-19, se tiveron que suspender os grandes eventos musicais existentes na vila da Guarda e que enchen de música cada ano diferentes espazos do noso municipio, é por elo, e ante as novas medidas de prevención e distanciamento social, que o concello da Guarda decidiu apostar por un proxecto no que se representasen aos colectivos que cada ano organizan festivais musicais, pero nun novo formato, “Música nos Xardíns”.

Despois dun primeiro concerto que se celebrou o pasado 31 de xullo a cargo do grupo local Milhomes, e dun segundo concerto que se celebrou o venres 21 de agosto co grupo Ded Routines, agora é a quenda do grupo Helen & Shanna, que porá o peche a esta edición o sábado 5 de decembro a partires das 11:30h na Praza do Reló. Cunha forte influencia folk, Helen & Shanna recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.

A actividade terá inicio ás 11:30h no Salón de Plenos do Concello cunha charla a cargo de Fernando Rego sobre “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018”. Unha vez rematada a charla, Helen & Shanna fará a súa actuación en sesión vermú na Praza do Reló da Guarda.

PROGRAMA

Sábado 5 de decembro

Charla a cargo de Fernando Rego sobre “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018” no Salón de Plenos ás 11:30h.

Concerto de Helen & Shanna na Praza do Reló – Concerto apadriñado polo Rock Guardés

Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí