Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Grupo Municipal do BNG convoca á Comisión de Seguimento do pacto de goberno da Guarda

Tras os graves feitos ocorridos e a inxerencia do alcalde socialista no plan de mobilidade e de modelo urbano, unha área de competencia exclusiva do BNG

Tras os graves feitos ocorridos e a inxerencia do alcalde socialista no plan de mobilidade e de modelo urbano, unha área de competencia exclusiva do BNG

Fecha: 12 de Octubre de 2019

Fuente: BNG A Guarda

O Grupo Municipal do BNG na Guarda vese na obriga de convocar á Comisión de Seguimento do pacto de goberno no concello guardés a raíz dos graves feitos ocorridos nos últimos días e tras as manifestas inxerencias por parte do alcalde do municipio (PSOE) en áreas de responsabilidade e competencia exclusiva do BNG. O portavoz nacionalista e tenente de alcalde da Guarda, Anxo Baz, recalca "a irresponsabilidade dos socialistas, incapaces de liderar un goberno forte co que mudar e mellorar A Guarda e que prefiren a imposición en lugar do consenso a pesar de que supoña un prexuízo evidente para a veciñanza".

Actitudes como a decisión unilateral do alcalde da Guarda de cambiar a sinalización e colocar prismas de pedra e mobiliario urbano na rúa Concepción Arenal, contradicindo e condicionando gravemente o deseño realizado pola concellería de Mobilidade e Modelo Urbano, van claramente en detrimento da cidadanía. "Están xogando co futuro da Guarda e poñendo en perigo a estabilidade do concello, deixando no aire cuestións tan importantes como os orzamentos municipais", salienta Baz.
O Grupo Municipal do BNG non chegou a acordo de goberno na Guarda "para continuar con políticas atrasadas, senón para traballar polo futuro da vila".
 
O BNG convoca esta reunión da Comisión de Seguimento porque síntese na obriga de traballar a prol dos guardeses e guardesas e "non estamos atados ás cadeiras do Goberno nin aos salarios".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones