Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O GRUPO SAN ROQUIÑO LEVARÁ A ESCEA EN GOIÁN -O PISCO-

Con preto de dúas horas de duración e inspirado en feitos reais contados por goianeses, que trata da época do contrabando na raia

Con preto de dúas horas de duración e inspirado en feitos reais contados por goianeses, que trata da época do contrabando na raia

Fecha: 14 de Marzo de 2015

Fuente: Grupo San Roquiño / Infomiño.c

O Grupo San Roquiño prepara en Goián múltiples actividades para a posta en valor do patrimonio inmaterial deste característico pobo baixomiñoto.

En plena colaboración con veciños, asociacións e o Concello de Tomiño, veñen realizando actividades de diversa índole dende o ano 2010, cando decidiron realizar unha pequena obra de teatro que culminou cun proxecto audiovisual denominado "Seica disque", estreado no ano 2013.

Con esta película, adaptada á curiosa e extensa fala goianesa, arrancaron unha serie de actividades que seguiron cunha recopilación de fotografías dos anos 50´s, 60´s e 70´s, cedidas pola familia Ozores e Pousa Arbones, grabada por Paco Pousa e que tralo agradecemento veciñal culminou cun novo proxecto audiovisual denominado "22 fontes goianesas" dunha hora de duración, seguido da curta "Adiós Lucerito mio" onde novamente os veciños foron os que contaron a historia e as súas vivencias durante 15 minutos nos que se contaron chistes, beberon e recordaron vellos tempos.

O Grupo San Roquiño medra co paso do tempo, e dos 18 membros iniciais conta na actualidade con preto dun cento de "afiliados", e abren as súas portas a novas colaboracións.

É neste punto cando se decide a realización do filme "O Pisco", de preto de dúas horas de duración e inspirado en feitos reais, contados por goianeses, que trata da época do contrabando na raia nos anos 50´s e realizado con presuposto 0€, contando cunha amplia colaboración cidadá, que participou activamente cedendo vehículos de época, atuendos e atrezos, vivendas, entre outros. Ademáis se recolectou un kilo de alimentos por persoa que se doou á Asociación Asistencial SOS Tomiño.

O vindeiro proxecto do Grupo San Roquiño tratará sobre a traída de augas, que irá acompañado dunha curta dun feito real goianés.

Dende o Grupo San Roquiño manifestaron que cos seus traballos o que se busca é "pasalo ben", "reímonos moito" e que quede un bonito recordo da nosa vila para as vindeiras xeracións, como alguén dixo no seu momento " En Goián, ou son artistas, ou contrabandistas ou tolos".

https://www.facebook.com/grupo.sanroquino?fref=ts

Vale persoal!! Xa temos data para a estrea da nosa/vosa película!!!
Será no Auditorio de Goián o Sábado 4 de Abril as 20:00 h e as 22:30 h.
A entrada será un kilo de comida non perecedeira que irá a favor de SOS Tomiño.
Teremos alfombra roja e todo, e algunha que outra sorpresa máis.
Haberá outra sesión o Domingo 5 de Abril as 19:00 h
Non faltedes que isto promete!! 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones