Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Grupo Socialista urxe á Xunta a construír unha estación depuradora no Concello de Oia

Leticia Gallego lamenta que o goberno galego non faga -absolutamente nada- para resolver un problema de primeira orde nun Concello atendido por instalacións de tratamento primario que -non serve de nada-

Leticia Gallego lamenta que o goberno galego non faga -absolutamente nada- para resolver un problema de primeira orde nun Concello atendido por instalacións de tratamento primario que -non serve de nada-

Fecha: 08 de Octubre de 2022

Fuente: Socialistas de Oia

A parlamentaria socialista Leticia Gallego visitou hoxe o Concello de Oia, onde mantivo un encontro co portavoz socialista, Gerardo Rodríguez, e membros do grupo municipal socialista, para reclamarlle á Xunta que constrúa de urxencia unha depuradora para frear os constantes vertidos rexistrados no Concello.

Lamentou que o goberno galego “non faga absolutamente nada” para atender unha reivindicación histórica no Concello, atendido polas minidepuradoras instaladas en Punta Orelluda para o tratamento primario que se teñen demostrado “absolutamente insuficientes”, ademais de que levan “dez anos sen funcionar correctamente”.

 

Lembrou que os veciños e veciñas “levan máis de dez anos soportando malos cheiros, ruído e vertidos das augas residuais xunto ás casas” e “están fartos dunha situación insoportable que está a levar por diante os espazos naturais da costa”.

 

Leticia Gallego levará ao Parlamento as queixas dos veciños e veciñas de Oia, que afirman que “as filtracións e vertidos de augas fecais son constantes e van directamente ao mar porque o sistema de depuración non funciona, ou ben a través das arquetas situadas xunto á estrada PO-552, onde se observan os residuos orgánicos fedorentos tan pronto como se levanta a tapa”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí