Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O historiador guardés J.M. Villa protagoniza este venres a primeira barferencia do ano, sobre o centenario do MASAT

Nesta barferencia exporá parte dos seus numeroso coñecementos sobre o Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega (MASAT), que cumpre cen anos este ano 2017

Nesta barferencia exporá parte dos seus numeroso coñecementos sobre o Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega (MASAT), que cumpre cen anos este ano 2017

Fecha: 20 de Enero de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A BARFERENCIA DE J.MIGUEL VILLA CELEBRARASE NA CAFETERÍA ALAMEDA ÁS 20.30H.

A Barferencia de J.Miguel Villa Álvarez sobre o Centenario do Museo do Monte Santa Trega prevista para o venres 20 de xaneiro ás 20.30h. na Cafetería La Casilla trasládase á Cafetería Alameda por causas alleas á organización. O Concello da Guarda empraza a tódolos interesados ó novo emprazamento, onde poderán una vez máis gozar dos coñecementos do profesor e historiador guardés arredor da historia do Monte Santa Trega e da súa institución máis senlleira.

 
Este venres 20 de xaneiro, ás 20:30 horas na Cafetería La Casilla, terá lugar a primeira barferencia do ano 2017, e terceira desta tempada de inverno. Trátase dunha cita moi especial para A Guarda, xa que a ponencia versará sobre os "100 anos do Museo do Monte", un elemento clave na vida e na sociedade da vila nas últimas décadas.

A ponencia estará a cargo do historiador e profesor guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez, licenciado en Xeografía e Historia e Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Villa imparte clases no Colexio PP. Somascos da Guarda, labor que compaxina coa de investigador, que o levou a colaborar en diferentes publicacións, en especial con temas relacionados coa Guarda.

Nesta barferencia exporá parte dos seus numeroso coñecementos sobre o Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega (MASAT), que cumpre cen anos este ano 2017, pois foi creado pola Sociedade Pro-Monte no 1917. Parte desta ponencia terá como base a investigación que ten realizado sobre a propia Sociedade Pro Monte e que o levou a publicar "La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (1ª parte: 1912-1928)" e "La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (2ª parte: 1928-1939). A estes dous volumes súmase un terceiro libro, "La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte", que se presentará no Centro Cultural da Guarda o vindeiro sábado 28 de xaneiro.

Dende o Concello da Guarda anímase a tódolos veciños a asistir a esta interesante barferencia, na que poderán coñecer a historia dun museo clave na vida, cultura e sociedade da vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí