Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O IES A Sangriña da Guarda estrea este ano o Stembach, o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía

A Consellería de Educación publica a resolución definitiva pola cal 15 centros de toda Galicia imparten este bacharelato que inclúe un proxecto de investigación con posterior defensa pública, unha materia extracurricular semanal e actividades complementar

O obxectivo desta iniciativa, enmarcada dentro da Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020, é promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado, en conexión coa universidade e tendo en conta a perspectiva de xénero

Fecha: 26 de Octubre de 2018

Fuente: Xunta de Galicia - Educación

Uns alumnos de 15 centros educativos de Galicia cursan por primeira vez este ano o Stembach, o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía posto en marcha pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional como unha iniciativa pioneira ao abeiro da Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución definitiva dos centros seleccionados (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181025/AnuncioG0534-171018-0001_gl.html), a razón de 6 na provincia da Coruña, que aglutinan 80 alumnos; 3 en Lugo, con 37 alumnos; 1 en Ourense, con 19 alumnos; e 4 na provincia de Pontevedra, que suman 63 alumnos:

 

Nome do centro

Concello

Provincia

CPR Plurilingüe Compañía de María

A Coruña

A Coruña

IES Agra do Orzán

A Coruña

A Coruña

IES Sofía Casanova

Ferrol

A Coruña

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Santiago de Compostela

A Coruña

IES Arcebispo Xelmírez II

Santiago de Compostela

A Coruña

IES María Casares

Oleiros

A Coruña

IES Lucus Augusti

Lugo

Lugo

IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes

Lugo

Lugo

IES Francisco Daviña Rey

Monforte de Lemos

Lugo

IES Eduardo Blanco Amor

Ourense

Ourense

IES Ramón Cabanillas

Cambados

Pontevedra

IES Ramón Mª Aller Uloa

Lalín

Pontevedra

IES Plurilingüe A Paralaia

Moaña

Pontevedra

IES República Oriental de Uruguay

Vigo

Pontevedra

IES A Sangriña

A Guarda

Pontevedra

O alumnado que curse este bacharelato, -ben sexa na modalidade de Humanidades ou na de Ciencias-, no segundo ano deberá desenvolver un proxecto de investigación individual ou colectivo con posterior defensa pública. Este proxecto, similar ao traballo de fin de grao, será co-dirixido por un docente dun departamento universitario ou dun centro de investigación de prestixio do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e será titorizado polos profesores que impartan a materia de afondamento STEM.

Así mesmo cursará unha materia extracurricular semanal, de dúas ou tres horas, de afondamento relacionada co ámbito de materias STEM e cunha orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais. Esta materia será a mesma nos dous cursos coa correspondente secuenciación curricular.

O bacharelato complétase con actividades de formación -organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou con persoas investigadoras de recoñecida competencia- como conferencias, obradoiros ou proxectos.

Ao final da etapa, e tras a avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, o alumnado recibirá unha certificación acreditativa da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa.

O obxectivo deste bacharelato é promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria, e tendo en conta a perspectiva de xénero. Ademais, favorécese unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica; así como o desenvolvemento da creatividade, do sentido da iniciativa ou do emprendemento e da resolución de problemas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones