Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O investigador Javier Costas Goberna, protagonista da segunda barferencia de inverno da tempada na Guarda

Este venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, a Cafetería Alameda acolle a segunda das barferencias de inverno organizadas dende o concello da Guarda para esta tempada 2016/17.

Este venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, a Cafetería Alameda acolle a segunda das barferencias de inverno organizadas dende o concello da Guarda para esta tempada 2016/17.

Fecha: 16 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, a Cafetería Alameda acolle a segunda das barferencias de inverno organizadas dende o concello da Guarda para esta tempada 2016/17.

Tras a primeira das charlas, que tivo lugar o mes pasado e que contou coa ponencia do arqueólogo Gustavo Pascual, nesta segunda cita a barferencia estará a cargo do recoñecido investigador Fernando Javier Costas Goberna.

Costas Goberna, pertencente ao Instituto de Estudos Vigueses, centrou a súa labor de investigación no mundo dos gravados rupestres do Suroeste galaico, sobre o que publicou varios artigos e traballos non só en Galicia, senón tamén noutros países de Europa como Italia, Francia, Portugal ou Inglaterra. Entre as súas monografías, por destacar algunhas, pódese citar Petroglifos ao Sur de la Ría de Vigo, A orixe dos taboleiros de xogo galegos ou Los barcos de Oia.

A súa relación coa Asociación Amigos del Monasterio de Oia propiciou o interese e inmersión no mundo monacal que derivou na publicación no ano 2012 de Santa María de Oia enclave de interés estratégico-militar (El monasterio, la fortaleza, los monjes, los soldados y los piratas berberiscos) e ao ano seguinte El monasterio de Oia y la guerra con Portugal en el siglo XVII. O seu traballo máis recente, de 2016, é Los caballeros hospitalarios de San Juan de Jerusalén (Jerusalén, Sam Juan de Acre, Rodas y Malta), dentro do 800 aniversario da igrexa de Santa Maria de Castrelos en Vigo.

A barferencia que realizará este venres leva por título "Oia, o Císter e a milicia" polo que se centrará nesta parte do seu traballo, relacionada con Santa María de Oia e a súa importancia histórica.

Dende o concello da Guarda convidamos a todos os veciños e veciñas a acudir á Cafetería Alameda e desfrutar dos coñecementos dun dos investigadores máis destacados da nosa xeografía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones