Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O libro -Os nomes do terror- preséntase este xoves na Guarda

-Os nomes do terror- un libro sobre os responsábeis da represión franquista

-Os nomes do terror- un libro sobre os responsábeis da represión franquista

Fecha: 18 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Presentación Xoves 19 ás 20:30 na Casa dos Alonso da Guarda


A Casa dos Alonso da Guarda , acolle o Xoves 19 de Outubro ás 20:30 a presentación do libro "Os nomes do terror. Galiza 1936:os verdugos que nunca existiron" nun acto no que participarán a membro do consello de administración Sermos Galiza e escritora Marga Romero, o coautor do libro e especialista na represión franquista Xosé Álvarez Castro, o autor e coordinador do volume Xoán Carlos Garrido Couceiro e o mestre e membro da Comisión Cidadá pola verdade do 36 do Baixo-Miño Xosé Manuel Méndez .O volume recolle un extenso estudo de Xosé Álvarez sobre os represores nas comarcas de Pontevedra, nos que se fai particular mención ao papel xogado polos diferentes actores do operativo represivo.

Segundo sinala Xosé Manuel Mendez, representante da entidade organizadora do acto, "até agora contabamos con numerosos estudos sobre as vítimas da represión pero a realidade dos represores permanecía casi sempre agochada, con esta presentación do volume editado por Sermos Galiza sae á luz a outra parte da verdade que ficaba por coñecer. Non hai vítimas sen verdugos. A carón dun dirixente obreiro, dun alcalde como Manuel Noia paseado e mutilado en Oia, ou dun alcalde do Partido Galeguista da Guarda como Brasilino Álvarez executado despois dun Consello de Guerra ou dun dirixente obreiro como Nemesio Álvarez executado nunha gabia do Porriño despois de ser detido na Guarda, atópanse aquelas persoas responsábeis da súa execución".

A publicación editada por Sermos Galiza refire diversos episodios da represión paralegal, recollendo diversos testemuños tanto documentais como orais onde se testa a participación de diversos falanxistas en accións represivas.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones