Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O martes inaugúrase a exposición -Lebres coma gacelas- que mestura palabras e imaxe, poesía e fotografía

A mostra, que abre a programación -Tui en letras- poderá visitarse en Tui até o 11 de xuño.

A mostra, que abre a programación -Tui en letras- poderá visitarse en Tui até o 11 de xuño.

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tui

O próximo martes, 3 de maio, ás 20 h, na zona anexa da Sala Municipal de Exposicións inaugurarase a exposición “Lebres coma gacelas” promovida pola Deputación de Pontevedra.

Xela Arias foi a autora conmemorada nas Letras Galegas 2021, muller inconformista e intempestiva que deixou un importantísimo legado poético referente para presentes e futuras xeracións. Tomando como inspiración a súa obra “Tigres coma cabalos” (1990), na que cada poema da escritora se confronta cunha imaxe do fotógrafo Xulio Gil, naceu este proxecto multidisciplinar que mestura palabra e imaxe, poesía e fotografía en perfecta simbiose.

“Lebres coma gacelas” establece unha analoxía con ese curioso título, pero escolle dous nomes de animais en feminino cunha clara declaración de intencións, reforzada ademais pola asociación simbólica que estes teñen coa intelixencia, coa axilidade e coa liberdade.

Esta mostra presenta poemas de autoras referentes na escrita galega, que crearon un diálogo ex professo para a fotografía contemporánea de dous artistas con estilos diferenciados, que retratan o corpo e o contorno cunha ollada poética fixa na realidade máis inmediata. As poetas participantes crearon as súas pezas para a mostra (tres cada unha) inspiradas polas imaxes de Eva Díez e Fran Herbello, que retratan o corpo e a contorna cunha ollada fixa na realidade máis inmediata. Temas como a arquitectura, especialmente relacionada coa paisaxe, están moi presentes nas distintas obras presentadas na mostra, así como a pegada do corpo humano na vivenda e nas citadas paisaxes. A mostra, comisariada e coordinada polo Servizo de Cultura da institución provincial e que poderá visitarse ata o 11 de xuño.

No acto de ianuguración desta mostra que terá lugar o vindeiro martes, 3 de maio, ás 20,00 contaremos cun recital poético a cargo de dúas voces da poéstica feminina de Galicia: Lorenza Conde e Miriam Ferradás xunto a interpretación de varias pezas musicais a cargo de instrumentistas do Conservatorio Municipal de Música de Tui.

Con estra exposición a concelleria de ensino e cultura do Concello de Tui inicia o seu programa de actividades que baixo a denominación de “Tui en letras” comprende diversas actuacións ao longo dos meses de maio e xuño, centrándose especialmente na celebración do “Día das Letras Galegas” o vindeiro 17 de maio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones