Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O mercado municipal de Tomiño acolle dende este martes a Mostra -Exodus- sobre o drama dos refuxiados

A Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, inaugurará a mostra que se poderá visitar ata o día 16 en horario de mañá e tarde

A Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, inaugurará a mostra que se poderá visitar ata o día 16 en horario de mañá e tarde

Fecha: 04 de Octubre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O primeiro andar do Mercado Municipal de Tomiño acolle dende o martes 4 de outubro a exposición fotográfica "Exodus: na procura de refuxio". A Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e a alcaldesa, Sandra González, inaugurarán a mostra a partir das 13:00 horas. A exposición, elaborada polos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago entre os meses de setembro e outubro de 2015, documenta as vivencias dos refuxiados e refuxiadas que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa. "Exodus" poderase visitar entre os días 4 e 16 de outubro no primeiro andar do Mercado Municipal da vila, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas e de luns a sábado (agás os mércores, que soamente será posible en horario de mañá).

Respecto a esta mostra, a Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, lembra que "Exodus provén dos termos latino e grego que significan ‘saída', coas consecuencias que iso leva consigo". As persoas protagonistas destas imaxes son persoas "que escapan de países onde uns poucos están a impoñer a súa vontade por enriba de todo", que "arriscan as súas vidas ata chegar a perdelas no Mediterráneo" buscando "esperanza, paz e solidariedade", sinala a Deputada provincial.

Ademais, Digna Rivas explica que "as institucións públicas e polo tanto a Deputación de Pontevedra temos unha importantísima labor de divulgación de información, temos que ser quen informen á cidadanía do que está a acontecer no mundo". Do mesmo xeito, a Deputada provincial asegura que cada unha das fotografías "contén unha historia que lle pode pasar a calquera persoa con independencia da súa procedencia ou do seu nivel de estudos".

A exposición xa se exhibiu entre o 29 de abril e o 10 de xuño no Pazo provincial da Deputación, "pero pareceunos boa idea que se fixera itinerante para que recorrese os concellos da provincia" e que a súa veciñanza, afirma a Deputada, "saiba o que está a acontecer". Ademais, Rivas asegura que "dáme mágoa dicir que non todos os concellos a quixeron acoller" e por iso reafirma "agradecemento ao concello de Nigrán" do Goberno provincial, por "permitir achegar á súa veciñanza", conclúe, "a dura realidade do que está a acontecer". Polo de agora "Exodus" xa chegou aos concellos de Caldas de Reis, Salceda de Caselas, Nigrán, Forcarei, Catoira, Moaña e, agora, Tomiño.. En vindeiras datas, a mostra tamén visitará a vila de Rodeiro.

Cómpre lembrar que Europa se está a afrontar á peor crise migratoria tras a Segunda Guerra Mundial. Segundo datos de ACNUR, máis dun millón de persoas cruzaron as illas gregas escapando do conflito en 2015. Un 25% delas eran menores de idade e, ademais, arredor de 3.700 persoas morreron no intento de cruzar o mar Exeo.

O seu camiño empeza en Oriente Medio. Foxen por centos de miles desde Siria, Iraq ou Afganistán. Un fluxo constante de humanidade dirixido polo medo, a inseguridade e a falta de oportunidades. A súa desesperación móveos a arriscar as súas vidas e a das súas familias por un futuro en paz. Fano desde Turquía, cruzando o mar Exeo ata as illas gregas en balsas de goma con nulas medidas de seguridade. En Grecia comeza un duro camiño entre fronteiras. Os refuxiados cruzan Europa cunha idea vaga de alcanzar Alemaña, Suecia ou Noruega. En Gevgelija, ao sur de Macedonia, na fronteira con Grecia, eríxese un campo de refuxiados ateigado de almas perdidas. Máis de dúas mil persoas ao día deixan a súa pegada nunha inhóspita paraxe.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones