Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O monte Santa Trega conta con catro visitas guiadas diarias de martes a domingo

Prazas limitadas e inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.es

Prazas limitadas e inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.es

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Agosto de 2022

Fuente: Concello da Guarda

As visitas guiadas ao Monte Santa Trega que se ofrecen dende o Padroado Municipal de Santa Trega para que os visitantes e veciños podan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte, disporán nos meses de xullo e agosto de ata catro visitas diarias de martes a domingo.

Neste ano 2022 recuperase a ampla oferta de visitas guiadas, que xa comezou no mes de xuño e que rematará no mes setembro.

Para Rafa Álvarez, Concelleiro de Turismo, é importante promocionar e por en valor o Monte Santa Trega e os seus xacementos arqueolóxicos, así coma o MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega), para que os visitantes coñezan todo o patrimonio e a historia dos antepasados.

Indicou Rafa Álvarez que as visitas guiadas deste verán ao Monte Santa Trega contan cun guía local, experto en historia, que traslada os seus coñecementos, en cada visita, dun xeito sinxelo e animado para que os participantes se “embriaguen” da cultura castrexa e o patrimonio do municipio.

A oferta das visitas amplíase nos meses de maior afluencia, xullo e agosto, con visitas de martes a domingo e 4 visitas ao día (12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:00h), polo que a oferta de visitas guiadas amplíase para que todos os visitantes interesados teñan a oportunidade de coñecer a cultura castrexa e a paisaxe da Guarda.

Este ano as visitas guiadas estarán centradas no Castro de Santa Trega, nas áreas escavadas dende o norte ao sur, pero sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Para ofrecer unha visión máis ampla da zona escavada vaise realizar un percorrido completo dende porta norte ata a porta sur, recorrendo as diferentes áreas escavadas ao longo dos últimos cen anos como as vivendas reconstruídas, a zona de Mergelina, o concheiro,...

As prazas seguen a estar limitadas polo que se precisa de inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

A duración aproximada é 45 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí