Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O mosteiro de Oia na lista vermella de patrimonio

Dende Movemento Oia, solicitamos que ese diñeiro non só sirva para restaurar, acondicionar e embelecer o noso monumento

Dende Movemento Oia, solicitamos que ese diñeiro non só sirva para restaurar, acondicionar e embelecer o noso monumento

Fecha: 01 de Marzo de 2019

Fuente: Movemento Oia

O 27 de febreiro de 2019, publícase no Faro de Vigo a nova co título
"A Xunta reserva máis de 775.00 euros para restaurar a igrexa monacal de Oia" .

Segundo o artigo, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o obispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, firmaron onte un acordo de colaboración para levar a cabo a restauración da igrexa do mosteiro cisterciense de Oia, do século XII, declarado Ben de Interese Cultural no 1931. O departamento autonómico destinará máis de 775.000 € ó proxecto para cuxo desenrolo a diócese porá á súa disposición os terreos e o inmoble. Namentres a Xunta porá o diñeiro de todos para o arranxo da igrexa parroquial.

Dende Movemento Oia, solicitamos que ese diñeiro non só sirva para restaurar, acondicionar e embelecer o noso monumento, senón que tamén se permita o acceso ó mesmo, como icona turística, ás innumerables visitas de peregrinos que se achegan ata alí e o encontran sempre pechado, salvo en horarios de culto.

Creemos que non é casualidade, que no día en que se publica esta nova, temos que enterarnos de que o mosteiro de Oia, xunto á igrexa pública bien BIC, son incluídos na lista vermella de patrimonio polo seu abandono e deterioro.

https://listarojapatrimonio.org/ficha/monasterio-santa-maria-oia/
Agradecemos o traballo que realizan na lista vermella que permite visualizar o abandono ó que se somete ó noso patrimonio e a falta de dotación que se realiza co mesmo por parte das políticas da Xunta neste asunto.

Si podemos mostrar a nosa riqueza e poñer en valor o noso patrimonio, podemos ser un foco de turismo cultural no que se permita aumentar as visitas e pernoctacións e mellorar a maltreita economía local fixando población e atractivo á nosa localidade.

Encontrámonos ante unha situación na que a especulación sobre os terreos anexos ó monumento evitan a restauración do mesmo, pois o proxecto que se presenta é inviable e non un obstáculo para a restauración. A especulación chega ata o punto de que deixáronse de percibir subvencións para a súa restauración por importes de 3,3 millóns de €.
Fonte:
Faro de Vigo
31/01/2017
"Residencial Mosteiro de Oia reclama 3,3 millóns ó concello por bloquear o proxecto"
É posible que as subvencións sexan insuficientes. Pero ó talaso déronlle 4 millóns de € en subvencións para facer un hotel de catro estrelas novo. Se tivera sido un autónomo, por moito menos, houbéranlle feito devolvelas debido á orde de derribo por parte del tribunal de Xustiza de Galicia.
Fonte:
El País
"Subvención para o talaso ilegal de Oia pese á súa orde de derribo"
Necesitamos que a Xunta e Patrimonio se impliquen no cumprimento da lei de patrimonio de Galicia, como é a súa obriga, e axilicen os procedementos para permitir a restauración do BIC.
Se o propietario necesita que lle financien a restauración, quizáis deba a Xunta de Galicia facerse cargo do monumento.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones