Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O MUSICAL 15 PRIMAVERAS, DE MAMÁ CABRA, ESTREARASE ESTE SÁBADO NO TEATRO MUNICIPAL

O Sábado ás 19h. chega o musical para cativos 15 Primaveras, da compañía Mamá Cabra, de Santiago de Compostela.

O Sábado ás 19h. chega o musical para cativos 15 Primaveras, da compañía Mamá Cabra, de Santiago de Compostela.

Fecha: 07 de Noviembre de 2015

Fuente: Concello de Tui

Esta fin de semana, hai dobre cita no Teatro Municipal de Tui. Deste xeito, este venres representarase a comedia teatral Perplexo e ó día seguinte, ás 19h. chega o musical para cativos 15 Primaveras, da compañía Mamá Cabra, de Santiago de Compostela.

 

Mamá Cabra é un dos grupos musicais pioneiros na creación de espectáculos para a infancia.  Este ano celebran o seu 15 aniversario, unha longa viaxe que deixa 12 discos e centos de cancións para saltar, bailar e reflexionar.

 

Para celebralo, Mamá Cabra preséntase renovada e cargada de enerxía, e está preparándose para un ano cheo de sorpresas. 15 Primaveras trátase da súa particular homenaxe ó seu percorrido. Despois de ler o poema do "Timoteo" do libro "Rimas con letras", Gloria emocionada e ilusionada toma una decisión,  encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde,  de sons máxicos que darán vida a historias máxicas, como a da cabritiña que se converterá en Mamá, a Mamá Cabra.

 

Gloria acompañada de moitos artistas apaixonados medran ó carón dos máis cativos e cativas, con cancións que ó longo destes anos quedaron nas nosas memorias. Mamá Cabra presenta o seu novo espectáculo no que fará un percorrido pola historia do grupo e da súas mellores cancións. Un espectáculo diferente cun formato de "Concerto-Teatro"  no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.

 

As entradas pódense mercar a 4€ e 3€ dende as 17:30h ata as 19:00h no despacho de billetes o mesmo día da representación, ou dende a semana antes na páxina web www.culturatui.info.  Unha vez iniciada a función non se permitirá o acceso ó Teatro.

 

A Axenda Corredoira pode consultarse ó completo premendo neste enlace http://es.calameo.com/books/002234736e2bcdb30d9f4

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí