Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O NOVO CENTRO DE SAÚDE DE OIA INICIOU A SÚA ACTIVIDADE CON ABSOLUTA NORMALIDADE

Nesta obra, cofinanciada con fondos FEDER, o Servizo Galego de Saúde realizou un investimento de un millón de euros

As novas instalacións están dotadas de todos os medios técnicos e diagnósticos que permitirán incrementar a capacidade resolutiva deste nivel asistencial

Fecha: 22 de Marzo de 2016

Fuente: Infomiño.com

A EOXI de Vigo estreou hoxe o novo centro de saúde de Oia. Neste primeiro día de funcionamento, que se desenvolveu con absoluta normalidade, os profesionais atenderon nas novas instalacións a un total de 90 pacientes

Neste novo edificio sanitario, cofinanciado con fondos FEDER, a administración galega realizou un investimento de 1.002.207 euros. Enmárcase na Estratexia do Sergas de modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais.

A obra, realizada pola empresa Obras y Servicios Gómez Crespo, ten unha superficie construída, de 680 metros cadrados.

O seu programa funcional conta cunha área médica con dúas consultas de medicina xeral, dúas consultas de enfermería e unha área de atención materno infantil cunha sala da muller e consulta de pediatría. Ademais, dispón dunha consulta polivalente, e área de administración con arquivo, almacéns, vestiarios e outros servizos comúns.

Equipamento actualizado
As novas dependencias están dotadas de todos os medios técnicos e diagnóstico necesarios, que permitirán incrementar a capacidade resolutiva deste nivel asistencial. Neste senso hai que subliñar que conta cun equipamento de tecnoloxía sanitaria completamente renovado: electrocardiógrado, espirómetro, monitor da presión arterial (MAPA); doppler vascular; desfibriladores e oxímetros de pulso.

Isto facilitará que os seus profesionais, ademais de realizar a propia actividade asistencial, poidan realizar actividades preventivas e desenvolver os programas de protección e promoción da saúde (programa do neno san; programa de atención ao paciente crónico; o Control do Tratamento con Anticoagulantes orais,SINTRON; e atención á Muller, etcétera).

Datos asistenciais
O centro de saúde de Oia da cobertura a unha poboación de 2.442 usuarios, dos que 205 son nenos menores de 14 anos.

O cadro de persoal deste centro está formado por dous médicos xerais, dúas enfermeiras, un PSX (persoal de servizos xerais), e unidades de apoio como pediatra, matrona e traballador social.

En canto a actividade asistencial, este equipo multidisciplinar realizou o pasado ano un total de 17.000 consultas, entre as de adultos e nenos, e un cento de cirurxías menores .

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones