Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PARTIDO POPULAR DE A GUARDA APOSTA POR BUSCARLLE CONTINUIDADE E VIABILIDADE AO GES (GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS)

Ninguén dúbida da súa necesidade, xa que é un dos GES mais activos con mais de 900 intervencións nun ano.

Ninguén dúbida da súa necesidade, xa que é un dos GES mais activos con mais de 900 intervencións nun ano.

Fecha: 03 de Julio de 2015

Fuente: PP de A Guarda

Con data 2 de xullo de 2015, o Partido Popular de A Guarda presenta no Concello, con rexistro de entrada nº 4278 a súa primeira moción desta lexislatura sobre a ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS CONTRIBUCIÓNS ESPECIAIS .
 
Como dixemos con anterioridade, dende a oposición queremos traballar por A Guarda, intentando achegar posturas con outros partidos presentes no consistorio. Non pensamos que estar discutindo entre os grupos municipais todo o tempo, sexa o que queren os cidadáns, que xa están fartos de tanto enfrontamento.
 
Nós a través do nosos traballo de oposición presentaremos tantas mocións, preguntas e rogos como os Guardeses nos trasladen, e intentaremos consensuar con outros grupos no goberno ou na oposición.
 
Esta moción en concreto trata de buscarlle viabilidade ao Grupo de Emerxencias Supramunicipais, un dos servizos máis necesarios no Concello e na Comarca. Ninguén dúbida da súa necesidade, xa que é un dos GES mais activos con mais de 900 intervencións nun ano.
 
Non esquezamos que o GES intervén en incendios, accidentes, rescates e en todas aquelas situacións onde ocurra unha incidencia grave, aparte de outras moitas onde o risco ou a prevención de incidentes o requira , que son moitas máis das que nós poidamos imaxinar.
 
Si non facemos algo pola súa continuidade, seremos responsables de que algún incidente poda acabar en traxedia, por falta duns medios como temos agora as 24 horas do dia tan preto de A Guarda. Hai que pensar que o noso concello está lonxe de calquera outro GES, como o de O Val Miñor ou os Bombeiros de Porriño. Por outra banda, hai que fixarse nas condicións xeográficas da nosa vila, non só está alonxada, senón que ademáis ten moita liña de costa, praias, rochas, o río Miño, zonas de monte, un casco urbán bastante complexo e unha rede viaria e de sendas e camiños moi complicada. Estas características dispersan aínda máis as zonas de risco, e se ampliamos o sector a os concellos de O Rosal, Oia e Tomiño, xa temos máis que xustificada a presenza na Guarda do GES.
 
Buscar a viabilidade o GES é unha obriga para todos os grupos políticos, xa que o custo é alto nos orzamentos municipais, a pesares que é cofinanciado pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. Se hai algunha forma de rebaixar este custo, o Partido Popular temos a obriga de propoñela.
 
Pensamos os populares que a través de unha modificación da ordenanza fiscal se podería recuperar parte do custo das intervencións a través de unha taxa a cobrarlle aos seguros, en función das horas invertidas e o material empregado.
 
Este é o sentido da moción presentada que esperamos podamos consensuar cos outros grupos. Esta mesma semana e a seguinte presentamos máis mocións, como é o noso deber de oposición.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones