Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PARTIDO POPULAR DE A GUARDA PRESENTOU NO PLENO DE ONTE CATRO MOCIÓNS, ASÍ COMO VARIOS ROGOS E PREGUNTAS

Podemos dicir que estamos bastante satisfeitos co resultado do pleno de onte día 24

Podemos dicir que estamos bastante satisfeitos co resultado do pleno de onte día 24

Fecha: 26 de Septiembre de 2015

Fuente: PP de A Guarda

Da sesión plenaria, que durou cinco horas e media debido ao gran número de mocións presentadas, Conchi Ortega fai a seguinte valoración: "Podemos dicir que estamos bastante satisfeitos co resultado do pleno de onte día 24, pensamos que por fin se impulsará a regularización de Protección Civil como pedimos nunha moción, e que o tema da seguridade viaria na Rúa do Porto vai encamiñado, xa que a nosa proposta de reunión con Portos de Galicia para chegar a un consenso tamén prosperou por unanimidade. Sen embargo non conseguimos que unha persoa do funcionariado do Concello asumira tarefas de información na entrada no concello, pero si que se coloque un panel indicativo dos departamentos e as funcións que desempeñan".

A ÚNICA DECEPCIÓN FOI COA MOCIÓN NA QUE SE DEMANDABA CONTROL PARA EVITAR O VANDALISMO .A portavoz popular lamentou que non prosperara a moción na que se pretendía paliar os actos de incivismo que se produce nas noites, sobre todo as fins de semana. "Nós propoñiamos que houbera un servizo nocturno de policía local, para atender a chamada de calquera veciño que estivera a sufrir os efectos colaterais do "botellón", como actos vandálico no seu portal ou nas inmediacións. NINGUN GRUPO QUIXO APOIALO". Insistindo nesta cuestión, Conchi Ortega afirma: "Teño que dicir que o seguiremos intentando, non é de recibo que a zona centro de A Guarda e sobre todo as inmediacións da Alameda, sufran todas as fins de semana tantas molestias e desperfectos. Nalgúns casos o pagamos todos, e noutros son os propietarios dos portais quen, pola mañanciña do domingo, teñen que dedicarse a limpar e retirar vasos, botellas e outras cousas máis escatolóxicas". Ortega considera que, aínda que non se aproben todas as mocións, o feito de que se abran debates para que problemas de longa duración se traten no pleno do Concello e a xente opine, concienciado os políticos de que necesitan unha solución a problemas reais da Guarda, tamén é saudable e positivo. O grupo dos Populares reiteraron varias veces no pleno, que o grupo municipal de A Guarda lle dará sempre preferencia absoluta aos problemas de A Guarda nos que tivera competencia o Concello.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones