Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O patrimonio do casco urbano da Guarda dáse a coñecer con visitas guiadas

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro.

Fecha: 11 de Septiembre de 2019

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro.

As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que é a Oficina de Turismo da Praza do Reló. Dende a Praza do Reló o grupo sae para coñecer o patrimonio da Guarda en dúas visitas distintas, os mércores ten lugar a Visita singular no casco histórico: "Prazas antigas e novas" e os xoves a Visita singular da época moderna: "Castelo de Santa Cruz".

Unha oportunidade excepcional, tanto para visitantes coma para veciños, de coñecer o noso pasado a través de explicacións «in situ», grazas ao persoal do departamento de turismo municipal, visitando diferentes espazos do casco urbano da Guarda coma a Igrexa Parroquial, o Castelo de Santa Cruz, o muro, prazas e monumentos.

A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos.

 

Horarios da Rede de Museos

A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico de Santa Trega-MASAT, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival.

  • MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro.
  • Museo do Mar: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
  • Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00h a 21:00h.
  • Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
  • Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberto de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h de luns a domingo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones