Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PLENO DA GUARDA APROBA A MOCIÓN DO BNG SOBRE O PAVILLÓN DE SOLANAS

A reponsabilidade da actual situación de Solanas é exclusiva do PSOE no Concello e do PP na Xunta

A reponsabilidade da actual situación de Solanas é exclusiva do PSOE no Concello e do PP na Xunta

Fecha: 07 de Abril de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción para a mellora do pavillón "Antonino Torrón" pertencente ao C.E.I.P de Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo. A moción foi aprobada pola unanimidade do pleno na Guarda.

O BNG tivo que levar a pleno esta moción ante a negativa do PSOE a informar á oposición sobre cales son as intencións reais do goberno municipal con Solanas.

A proposta do BNG inclúe a reposición da cuberta con aceso sinxelo para o seu mantemento e supervisión, dotación de vestiarios, duchas, servizos, así como a mellora da iluminación, illamento, problemas de condensación, acústicos, e reparación da pista e gradas.

O BNG critica a dobre linguaxe do PP

O BNG califica de cínica a actitude do PP da Guarda, porque saben de sobra que a solución dos problemas do pavillón de Solanas é política.

"Sorprende a posición do PP da Guarda, en vez de esixir á Consellería do seu partido que execute a obra, ponse de lado con expresións como: non queríamos politizar o tema", sinala Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

A incapacidade do PSOE custará á Guarda 75.000 €
Para o BNG as obras que se teñen que executar en Solanas son competencia da Consellería de Cultura, Educación e Educación Universitaria dado que son obras de carácter estrutural.

A intención do alcalde e do PSOE de limitarse únicamente á reposición da cuberta sen un proxecto real redactado até agora evidencian a falta de sensibilidade cara Solanas. Unhas intalacións con problemas estructurais moito máis amplos demandados pola cidadanía e recollidos na moción do BNG, quen teñen que contar co obrigado apoio incondicional da Xunta baixo nun proxecto plurianual, que de terse asinado hai tempo aforraría cartos e disgustos ao pobo da Guarda.

O BNG entende que a defensa dos intereses do pobo propoñendo o que os veciños e veciñas levan reclamando dende hai tempo non é oportunismo se non a solución do conflicto xerado por PP e PSOE con nefastas consecuencias para a Guarda.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones