Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Porto da Guarda acolleu a IX edición da Festa do Avó

A tradicional Festa do Avó celebrouse onte, domingo día 10 de xullo pola tarde, na carpa do Porto da Guarda.

A tradicional Festa do Avó celebrouse onte, domingo día 10 de xullo pola tarde, na carpa do Porto da Guarda.

Fecha: 12 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Esta celebración, organizada polo Club da Terceira Idade en colaboración co Concello da Guarda, ofrece aos asistentes unha variedade de música e entretemento, á vez que sirve para reivindicar a importante figura dos avós e avoas.

A tarde comezou pasadas as 16 horas co grupo SABOR, que comezou a tocar unhas pezas de música e que acompañaría ós presentes durante toda a tarde, amenizando a celebración e levantando ós asistentes dos seus asentos para bailar durante un bo rato.
Tras estes primeiros bailes a 2º Tenente de Alcalde, Montse Magallanes, dixo unhas verbas de benvida á Festa do Avó e quixo destacar a importancia da figura dos avós e das avoas por todo o cariño, a paciencia, as historias e ensinanzas que transmiten e toda a ilusión e importante labor que fan polos netos e netas, e por toda a familia, que fai deles unha parte imprescindible da sociedade.

A continuación a quenda da palabra foi para o párroco da Guarda, Don Jesús, quen tamén tivo unhas palabras para os presentes. No seu discurso citou unhas frases recollidas por profesores ós seus alumnos sobre os avós, entre as que destacou unha: " Todo o mundo debería intentar ter un avó". Así, tamén destacou a incrible forza, fidelidade e amor incondicional que nos brindan os avós e avoas, sendo un exemplo para toda a familia.

A charla do párroco foi seguida polo monólogo de Cándido Pazó que, como non podía ser doutro xeito, ofreceu unha actuación moi centrada no papel dos avós, avoas, pais e nais cheo de anécdotas familiares que arrancaron as risas entre os asistentes.

Durante a tarde tamén foron presentadas a raíña e damas do Club da terceira idade, que recibiron un ramo de flores de mans da 2º Tenente de alcalde, Montse Magallanes e da concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente.

A tarde completouse cun sorteo e co reparto de rosca e sidra entre os asistentes, que remataron o día acompañando este doce con máis bailes e música ó ritmo do grupo SABOR.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones