Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP considera que debe ser a Deputación a que asuma o custo do GES da Guarda

Os populares lamentan que o Goberno local non teña regulado aínda mediante unha ordenanza o cobro de taxas ás aseguradoras .

GES de A Guarda traballando nun incendio no Rosal | Foto arquivo Infomiño.com

Fecha: 25 de Noviembre de 2017

Fuente: PP de A Guarda

O PP da Guarda presentou unha moción para o seu debate na próxima sesión plenaria na que pide ao Goberno Local que inste á Deputación de Pontevedra a que asuma o custo económico do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Baixo Miño.

A voceira, Conchi Ortega, sinala que lle corresponde á Deputación de Pontevedra, segundo se recorrele no artigo 49 da Lei de Emerxencias, a competencia en materia de emerxencias, en concellos de menos de 20.000 habitantes, algo ao que o PSOE votou en contra en Deputación, a pesar de que si foi aprobada esta medida en administracións provinciais como as de Ourense ou Lugo.

"Cremos que o alcalde ten que traballar polo Concello e polos seus veciños e non estar tan pendente do que faga o seu partido en Deputación, onde o que menos lles preocupa, polo que parece neste dous anos de goberno bipartito, son os concellos", sinala Conchi Ortega.
Nesta liña, Ortega explica que o Concello da Guarda está pagando un servizo supramunicipal, que ten un custo anual, segundo a conta xeral recentemente aprobada por outras formacións políticas de 300.594,54 euros. "o GES de A Guarda non pode ser menos que calquera de Lugo ou Ourense, ese cartos saen de todos os veciños da Guarda, porque ao contrario do que fai calquera alcalde que é mirar polo interese dos seus veciños, o alcalde da Guarda prefire pagar o GES sen intentar que sexa a Deputación a que asuma o seu pago e por riba non ter unha ordenanza, por desidia, que regule as taxas a cobrarlle ás aseguradoras por cada unha das intervevcións que se realizan".

A voceira popular lamenta que a pesar de que pasou dous anos e medio da súa proposta, o Goberno Local se nega a presentar ante pleno unha ordenanza para cobrar os servizos que o GES lle fai aos seguros, a situación siga exactamente igual.

Conchi Ortega lamenta que o alcalde tome decisións políticas mirando polo interese do seu partido en Deputación e non polo interese dos veciños da Guarda nin polos intereses dos propios traballadores do GES, que "nin cobran os salarios acordes coa categoría profesional que lles corresponde, que teñen que ver como as baixas por paternidade quedan sen cubrir e que teñen que traballar nunhas instalacións moi deficientes, por no calificarlas de outro xeito".


Conchi Ortega espera que o alcalde recapacite e que acabe dándolle a razón ao Partido Popular, que leva reclamando melloras de financiamento do GEs en cada un dos plenos celebrados desde o comezo da presente lexislatura. A Portavoz sinala: "recordamos este problema en todos os plenos, estes cartos do orzamento que van para o GES poderían adicarse a emerxencia social e mantemento de rúas na Guarda, duas partidas con necesidades urxentes"

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones