Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP DA GUARDA ACUSA AO ALCALDE DE REUNIRSE COS COMERCIANTES PARA A CAMPAÑA DE NADAL IMPROVISANDO E SEN PRESUPOSTOS NIN INICIATIVAS

Insta ao concello, ademais, a que celebre unha reunión cos comerciantes seria e rigorosa

Insta ao concello, ademais, a que celebre unha reunión cos comerciantes seria e rigorosa

Fecha: 13 de Noviembre de 2015

Fuente: PP de A Guarda

• "Foi un goberno socialista o que decidiu hai un tempo que o alumeado e a decoración do Nadal eran cousa do concello, agora os socialistas mudaron de opinión. O que ten que facer un goberno municipal é apoiar aos comerciantes, non só nas campañas, como neste caso a de Nadal, senón tamén noutras cuestións de futuro como a ordenación do tráfico rodado e a procura de zonas alternativas de aparcadoiro", explica Conchi Ortega.

• Insta ao concello, ademais, a que celebre unha reunión cos comerciantes seria e rigorosa, onde presentando un proxecto e un orzamento, para que os empresarios poidan consensuar e apoiar, se así o deciden, a campaña de Nadal con datos na man.

Os populares critican que o alcalde do concello guardés convoque unha reunión con comerciantes para a campaña do Nadal, a poucos días do seu comezo, e non leve nin sequera un presuposto, xunto con un proxecto.

O Partido Popular critica que o Goberno local lle pida aos comerciantes que financien o alumeado sen saber que porcentaxe do orzamento lles corresponde a eles do total, e consideran "de moi mal gusto" que se sinale cunha árbore de Nadal aos establecementos que achegan financiamento, o que quere dicir que quedarán sinalados tamén os que non poidan pagar esa especie de "canon imposto". "Non é a primeira vez que o Goberno Local improvisa desta forma", -incide Ortega-, "Incluso nalgunha ocasión solicitaron financiamento a outras administracións sen achegar os proxectos e orzamentos de obras que pretendían facer".

"Na reunión celebrada cos comerciantes, o alcalde incluso falou dun incremento do presuposto respecto a anos anteriores, pero sen precisar e sen presentar documentos que o avalen, polo que se supón que hai preguntas sen resposta.: ¿vai haber máis rúas alumeadas? ¿Qué tipo de alumeado eficiente se vai a poñer?".

Desde o Partido Popular consideran que o alcalde non tivo en conta as dificultades económicas que poidan estar atravesando os comerciantes do municipio. "Hai moitos comercios que non é que non queiran apoiar a campaña, senón que non poden porque coas súas vendas malamente poden facerse cargo dos impostos que lles corresponden, e algunhas incluso acabaron pechando".

Consideran ademais que "foi un goberno socialista o que decidiu hai un tempo que o alumeado e a decoración do Nadal eran cousa do concello, agora se mudaron de opinión, teñen que acompañalo de apoio aos comerciantes, tanto nas campañas, como noutras cuestións de futuro como tráfico e aparcadoiros".

Conchi Ortega insta ao concello ademais a que celebre unha nova reunión cos comerciantes mais seria e rigorosa, onde cun proxecto e un orzamento os empresarios, se así o deciden, poidan consensuar e apoiar a campaña de Nadal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones