Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP DA GUARDA AGRADECE SE TIVERA EN CONTA A PROPOSTA DE ADIANTAR OS CARTOS OS DEPORTISTAS GUARDESES, MEDIANTE UNA ORDENANZA APROBADA POR UNANIMIDADE

Conchi Ortega agradece o apoio os outros grupos municipais para que saíran a diante as mocións do Partido Popular, aínda que tivo que modificar unha sobre emprego para lograr o apoio

Conchi Ortega agradece o apoio os outros grupos municipais para que saíran a diante as mocións do Partido Popular, aínda que tivo que modificar unha sobre emprego para lograr o apoio

Fecha: 04 de Abril de 2016

Fuente: PP de A Guarda

O primeiro que temos que comentar é que por fin temos na Guarda, un instrumento para que os deportistas individuais teñan posibilidade pedir unha subvención municipal para ir a competicións, algo que levaban anos pedindo, foi aprobado incluíndo a alegación do partido Popular que se lles pode adiantar o diñeiro antes de ir á competición.. Aprobouse esta ordenanza por unanimidade

Nesta liña, a voceira do PP local, Conchi Ortega, agradece o apoio de todos os grupos, para que haxa unha ordenanza que estruture e fixe os criterios e o procedemento para a concesión de axudas de emerxencia social, para facilitarlle o labor aos traballadores de servizos sociais, pero sobre todo polas persoas que reciben este servizo.

Tamén agradecemos o apoio dos grupos a nosa moción e a dispoñibilidade do grupo de Goberno para acometer a sinalización e pintado da estrada de subida ao Monte Santa Tecla Outra moción nosa tamén foi apoiada sobre instalar iluminación nas escaleiras do centro cultural e unha varanda para subir as irregulares escaleiras de pedra
En canto aos problemas co número de aspirantes no Plan de Emprego da deputación, tivemos que ceder na nosa moción retirando dous puntos, pero o importante é que saíu adiante, que espero que sirva para que o número de aspirantes nunha nova convocatoria sexa maior, nos pensamos hai marxe para elo, e ceder forma parte do xogo democrático e político, que esperamos este concello se acostumbre a elo, como outros concellos e administracións.

Por suposto que outras mocións doutros grupos foron apoiadas por nós , cando se referían a problemas dos Guardeses, e o concello, o importante é que saian adiante non quen as presente.

Non foron apoiadas polo pleno dúas mocións do CCD, partido que obtivo representación nas eleccións municipais, pero nestes momentos non está na corporación, e por iso asumiu o Partido Popular, eran mocións sobre Adaptación dos parques infantís a persoas con Discapacidade e Creación da mesa para o Deporte

No que non quedamos nada satisfeito foi nas respostas ás nosas preguntas que nos deu o grupo de goberno, nin se vai facer nada por cumprir o que o valedor do pobo pediu ao Concello da Guarda unha ordenanza para que algúns veciños deixen de sufrir contaminación ambiental de outros. Non se trae a ordenanza para cobrar os servizos do Ges, seguiremos perdendo diñeiro os guardeses, e o que é mais grave posibilidade de mellor un servizo de emerxencias. Nin se pon na porta do concello un panel indicando os departamentos que aprobamos nunha moción, nin nos quedou claro se se vai a facer algo por reducir o ruído na Alameda e arredores o fin de semana, repetimos todos os rogos para os arranxos en Camposantos e A Guarda do anterior pleno por que non foron acometidos, e moito mais preguntas cuxas respostas, foron "estamos en elo " ou "non nos consta" . Unha das nosas preguntas, se parece que vai ter solución a ducha ou Lavapiés da praia Cangrexal, que pedimos o ano pasado mediante moción. Preguntamos se ou Concello da Guarda vai acometer a actualización de PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL, á nova lei do chan, e resto de leis que levaba anos sen actualizar, o Alcalde respondeunos que está valorándollo, e non ten a información de se é posible economicamente. Nós sempre estivemos en todas as reunións que nos convocaron por este tema con animo de aprobalo, pero atopámonos co problema que Consultora Galega, que levaba o plan, desde xullo, mes empezamos nós como Concelleiros, deixou claro non seguía co traballo , e todas as modificacións que facían falta facer, para que non fose tombado ao primeiro intento non se podían realizar, sen empresa redactora.

Un pleno denso, pero no que se debateron e aprobaron moitas mocións de todos os grupos municipais, só falta non pase como en case todas, que non leven a cabo. Hai que recoñecer que neste pleno parece que unha se vai a realizar de inmediato, a do Monte Santa Tecla.

Conchi Ortega di "que satisfeita non so pode sentir mentres haxa tantos problemas sen solucionar e o goberno local fala moitas veces de que non lle consta o non ten persoal, pero que a pesares de ter unha labor dura na oposición, cada vez que se consigue algo, é unha pequena recompensa despois de sufrir incluso descualificacións que non ten en conta, porque se volveron no transcurso do pleno en contra de que as fixo".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones