Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP DA GUARDA CONSIDERA UNHA PRIORIDADE A FINALIZACIÓN DO VIAL DE A GUARDA-TUI

Conchi Ortega sinala que desde o Partido Popular de A Guarda seguirá esixindo á Xunta de Galicia, unha partida orzamentaria para remátalo

Conchi Ortega sinala que desde o Partido Popular de A Guarda seguirá esixindo á Xunta de Galicia, unha partida orzamentaria para remátalo. Foto arquivo 2015

Fecha: 16 de Abril de 2016

Fuente: PP de A Guarda

A voceira do PP de A Guarda, Conchi Ortega, considera unha prioridade para a comarca e, especialmente para o seu concello, a finalización da vía de alta capacidade entre A Guarda e Tui.

A voceira dos populares explica que así llo transmitiu á conselleira, Ethel Vázquez, nunha reunión mantida en 2015 na que os populares solicitaron que continuaran coas obras que o mesmo goberno do PP na Xunta empezou.

Ortega entende do esforzo que supuxo, e máis en tempos de crise, o investimento de case 60 millóns de euros no tramo de Goián A Guarda, tendo en conta ademais que o proxecto estaba listo desde 2004, aínda época de bonanza, para comezar.

"Foi precisamente durante a etapa do goberno bipartito na Xunta, desde 2005 a 2009, cando se parou o proxecto, e foi o goberno do Partido Popular na Xunta o que o retomou e o que fixo posible este primeiro tramo". lar e que non abandounou, senón que está á espera de que haxa dispoñibilidade orzamentaria".

Hai que ter en conta que nestes primeiros anos de lexislatura foron os asuntos sociais os que tiveron prioridade sobre as infraestruturas, e aínda así investíronse 59,6 millóns de euros, un esforzo que os alcaldes que agora falan de abandono non teñen en conta, pois foron os seus partidos os que non fixeron nin un euro de gasto no vial cando tiveron oportunidade.

Cabe recordar que os treitos que están pendentes supoñen un investimento de máis de 100 millóns de euros, unha cantidade moi importante que non se poderá gastar mentres non haxa dispoñibilidade orzamentaria, -sinala Ortega-,a Xunta está disposta a facer ese esforzo pola importancia que ten para a economía e a seguridade vial na comarca.

De todos os xeitos, Conchi Ortega sinala que desde o Partido Popular de A Guarda seguirá esixindo á Xunta de Galicia, unha partida orzamentaria para remátalo. "Unha actitude que non coincide coa de outros partidos, como o do goberno local de A Guarda, que aínda nunca nos chamou para apoiar este tema".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones