Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP da Guarda critica o convenio da rúa Concepción Arenal entre Concello e Deputación

Non entenden que o Concello teña que pagar o 30% cando a titularidade da rúa é da Deputación

Consideran que as porcentaxes de colaboración que desde Deputación se lle impoñen aos pequenos concellos son abusivas.

Fecha: 30 de Noviembre de 2017

Fuente: PP de A Guarda

Conchi Ortega pide ao Goberno local que non intente enganar aos veciños dicindo que o PP está en contra das obras cando é unha necesidade na Guarda e unha reivindicación dos populares. "O que nos parece malo é o convenio" 
 
O PP da Guarda considera que o convenio asinado entre o Goberno Local da Guarda e a Deputación de Pontevedra non é beneficios para o concello no sentido de que obriga á administración local a pagar un 30% do custo das obras, cando nun principio a rúa ten titularidade provincial.

"Como exemplo están as obras que comezan hoxe na rúa do porto de titularidade de Portos de Galicia vainas financiar ao 100% a Xunta de Galicia, a pesar de que o Alcalde nunha nota parece que quere atribuírse, as obras. Outro exemplo son as obras no dique de abrigo do porto, cun orzamento que pode superar o millón de euros tamén as financia a Xunta ao 100% por ser titularidade de Portos de Galicia, non obstante na rúa Concepción Arenal ten que poñer o Concello da Guarda case 500.000 euros cando a titularidade é da Deputación de Pontevedra, e cando eses cartos estaban destinados a outras obras tan necesarias no concello" explica a voceira do PP, Conchi Ortega.

Segundo os populares, o decálogo de estradas de Deputación impón porcentaxes abusivas aos pequenos concellos cando aportan grandes cantidades para as cidades como Vigo ou Pontevedra, por razóns que todos coñecemos.

Neste mesmo sentido sinala que "se a Deputación pode pagar 45 millóns de euros en instalacións de titularidade municipal en grandes concellos que teñen recursos propios, non entendemos porque se devolve a titularidade desta rúa ao Concello da Guarda, que non é unha grande cidade, e máis tendo en conta que a Deputación acaba de privatizar o servizo de mantemento de viais da súa titularidade para os seguintes catro anos por un montante de 20 millóns de euros, dos que non vamos a poder beneficiarnos por aceptar a devolución da rúa a Guarda neste mal convenio".

Por outra parte, os populares consideran vergonzoso que o Goberno local lle oculte o proxecto a veciños e empresarios. "Aos membros da oposición deixáronos que o revisáramos uns días antes do pleno, pero vixiados, nin nos deixaron velo detidamente nin tampouco facerlle copias para poder analizalo en profundidade, parece ser que por orde do propio alcalde, pero aos veciños e asociacións empresariais nin iso, quizais por medo a que llo criticasen", sinala Conchi Ortega.

NON SOLUCIONA O PROBLEMA DE TRÁFICO
Os populares consideran ademais que o convenio non é beneficioso porque o proxecto non vai solucionar, ao seu parecer, os problemas de tráfico.

"O que puidemos deducir no pouco tempo que puidemos revisar o proxecto, é que a idea do Goberno local é peatonalizar esa rúa nun futuro, o que dende esta obra supón unha perda considerable de aparcamento de inmediato (na propia rúa, en Avelino Vicente , na rúa Coruña, e na zona do Hotel Convento), tan necesario na Guarda, e que este proxecto non garante a saída de camións e autobuses ao porto", explica Ortega.

"O gran problema da outra obra que fixo hai anos a Deputación era que non se podía saír por Concepción Arenal ao ser de sentido único e agora resulta que neste proxecto non se ve o dobre sentido por ningunha parte, polo que se seguirá producindo o embudo na rúa Enrique María Sexto".

Conchi Ortega explica ademais que "se o Goberno local vai gastar 500.000 euros das arcas municipais nas obras desta rúa, cando a titularidade era da Deputación, e non se soluciona o problema de tráfico, non podemos aplaudir ese convenio porque definitivamente nos parece que non é bo, pero o que non se pode consentir é que traten de enganar aos veciños dicindo que o Partido Popular está en contra desas obras porque é absolutamente falso, é máis foi o PP o que pediu en varias ocasións que se realizasen esas obras na rúa Concepción Arenal, o PP está en contra desta negociación entre PSOE e BNG, tirante, que levou mais de dous anos, entre os partidos que gobernan a Deputación sen moita sintonía entre eles, xogando a ver que se pon as medallas, e o final o resultado prexudicial é para o orzamento guardés, para as prazas de aparcamento, para a circulación de entrada e saída no porto, todo polas desavenencias entre eles".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones