Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP da Guarda denuncia que o Goberno local non fai nada por chegar acordo cos propietarios da explanada de acceso ao cemiterio

A voceira recórdalles que con outros gobernos se chegou a acordo e se arranxou.

Conchi Ortega pide mediante moción que o Alcalde se sente coas autoridades eclesiásticas e cheguen acordo para arranxo do vial de acceso, explanada e aparcadoiro do cemiterio da Guarda.

Fecha: 25 de Noviembre de 2016

Fuente: PP de A Guarda

A explanada e o acceso ao cemiterio e ao tanatorio esta nunhas condicións penosas, cheo de badéns e fochancas.

Se é un problema para os que acoden en coche, máis encordio supón para os peóns que pasan por alí, recordemos que moitas son persoas maiores.Conchi Ortega di que "os primeiros que se acercaron a nos para que fixeramos a petición mediante moción no Concello, foron persoas que asisten a diario o cemiterio de forma peonil, e teñen ata sufrido feridas nas pernas ao pasar os coches, xa que saltan as pedras polo mal estado"

Os populares de A Guada queren transmitir na moción que presentan o próximo venres o malestar dos veciños que acuden a visitar aos seus familiares e amigos ao cemiterio e ao tanatorio, polo mal estado do pavimento existente nesa explanada.

A Voceira di "somos coñecedores de que non é titularidade municipal, pero tamén somos coñecedores que todos os guardeses nalgún momento transitamos en coche ou a pé, por este acceso". O Partido Popular de A Guarda considera que de forma bilateral entre os propietarios e o Concello se podería chegar a un convenio para arranxar este acceso tan transitado, polo ben de todos os veciños, os que acudan o tanatorio, o cemiterio relixioso ou o civil. Sabemos que no pasado o Concello arranxou esta vía de acceso en varias ocasións. Recordemos que noutras fincas privadas se teñen feito actuacións municipais para que sexa aparcadoiro para unhas festas, ou empregados municipais facendo traballos para unha comisión de festas, pois só pedimos que neste caso o Concello teña en conta o uso do acceso por todos os Guardeses.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones