Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP DA GUARDA ESIXE MÁIS VIXIANZA E CONTROL DOS BOTELLÓNS E DA VENDA DE ALCOL A MENORES

Denuncian as molestias que o ruído e o lixo provocan nos veciños, sobre todo na Alameda e arredores

Denuncian as molestias que o ruído e o lixo provocan nos veciños, sobre todo na Alameda e arredores

Fecha: 31 de Agosto de 2015

Fuente: PP de A Guarda

O Partido Popular da Guarda presentou unha moción para debater no próximo pleno municipal sobre os prexuízos que os botellóns provocan nos veciños, así como da venda de alcol a menoresA proposta popular é que o resto de partidos apoien un acordo para elaborar unha ordenanza que sancione tanto ás persoas que molestan e deixan lixo nos portais dos edificios, como ás que venden e subministran bebidas alcólicas a menores. Asemade, tamén esixen desde o PP local que se cree un sistema de vixianza nocturna, a través dos axentes de policía, que permita reducir estes problemas.

O PP da Guarda denuncia que os "minibotellóns" nocturnos que se celebran nos portais de entrada de edificios e garaxes son unha molestia para a veciñanza polo ruído, pero tamén polo resto de lixo que deixan no chan. Recordan que este problema xa foi denunciado en reiteradas ocasión polos veciños da Alameda e dos arredores.

A súa proposta pasa, polo tanto, por crear unha patrulla de policía de apoio para as noites do sábado e as vésperas de festivos, mentres que no verán debería incrementarse as frecuencias. Entenden que esta medida presencial debe ser para axudar e dar apoios en caso de alteracións da orde pública, nunca con actitude de represión.

A Portavoz Conchi Ortega entende que os corpos de seguridade do estado deben defender os intereses da cidadanía, e velar pola súa seguridade e que os cidadáns teñen dereito a facer uso da súa liberdade, sempre respectando a dos seus semellantes, e desenvolver as actividades de lecer (nocturnas neste caso) con harmonía e civismo, nunca molestando os veciños e moito menos caendo en actos vandálicos que este verán vivimos na Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones