Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP DA GUARDA ESIXE UNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA E CONSENSUADA Á INSEGURIDADE VIAL NA RÚA DO PORTO E NO PASEO MARÍTIMO

A través dunha moción que presentará no pleno próximo

A través dunha moción que presentará no pleno próximo

Fecha: 10 de Septiembre de 2015

Fuente: PP de A Guarda

A voceira do Partido Popular da Guarda, Conchi Ortega, defenderá no próximo pleno municipal unha moción para esixir unha solución definitiva e consensuada aos problemas de seguridade vial na rúa do Porto e no paseo marítimo ata o Museo do Mar. Os populares buscarán o compromiso do Grupo de Goberno para que se reúna con Portos de Galicia e cos hostaleiros, comerciantes e veciños da zona para buscar a mellor solución para todos a esta problemática.

Explica o PP local que durante todo o ano se producen incidentes pola circulación inapropiada de vehículos nesta rúa, titularidade de Portos de Galicia, que nada teñen que ver cos residentes e cos propietarios dos restaurantes e comercios, e que resulta perigoso, principalmente para os nenos que xogan ao aire libre. Neste senso, manifestan que tanto veciños como visitantes amosan constantemente unha gran preocupación por un posible atropelo nunha zona considerada peonil.

No que respecta ao paseo marítimo ata o museo do mar , denuncian que a saturación de coches e dos aparcamentos no porto provocaron un "caos" con circulación nesta zona prohibida, ademais do uso como estacionamento de vehículos, dunha zona de paseo. Se chegou a que os vehículos pedían os veciños que paseaban que se apartasen.

Como solucións, a voceira dos populares propón varias posibilidades, pero entende que a decisión definitiva ten que estar consensuada dende Portos de Galicia, o concello pero sobre todos polos veciños da zona. Polo que instan o grupo de Goberno a que se produza esta reunión a maior brevidade posible.

A primeira das posibles propostas é instalar un bolardo retráctil na entrada e saída da Rúa do Porto, accionado cun mando a distancia para acceder aos garaxes e para facilitar a carga e descarga dos particulares e restaurantes.

Outra das posibles medidas propostas é prohibir o aparcamento en toda a rúa, como corresponde a unha zona peonil. E, por último, tamén valoran a posibilidade de abrir dous accesos peonís máis no paredón cara a rúa inferior, para axilizar a circulación de peóns e do persoal de reparto e subministro aos negocios da zona. Os vehículos de mercancías terían as súas zonas de carga e descarga sinalizadas á beira destes accesos. Reiteramos que só son propostas, que nos o que pedimos é convocar reunión con Portos de Galicia e afectados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones