Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP da Guarda insta ao Goberno local a que presente urxentemente a ordenanza de emerxencia social

Mentres non exista a ordenanza as axudas que se poidan dar desde o Goberno Local están fora da lei, e de aí os continuos reparos suspensivos de Intervención a eses pagos

Mentres non exista a ordenanza as axudas que se poidan dar desde o Goberno Local están fora da lei, e de aí os continuos reparos suspensivos de Intervención a eses pagos

Fecha: 15 de Julio de 2017

Fuente: PP de A Guarda

En febreiro de 2016 aprobouse no pleno municipal da Guarda unha moción presentada pola voceira do Partido Popular, Conchi Ortega, para que o Goberno local realizara unha ordenanza de emerxencia social, pero preto de ano e medio despois, A Guarda aínda non dispón desa ordenanza por mor da deixadez e a falta de xestión do equipo de goberno, especialmente da Concelleira de asuntos sociais, e do Alcalde.

Mentres non exista esa ordenanza as axudas que se poidan dar desde o Goberno Local son totalmente ilegais, e de aí os continuos reparos suspensivos de Intervención a eses pagos, por razóns ben motivadas nos diferentes informes.

Están reparadas suspensivamente por Intervención a concesión, recoñecemento e pago en todo o exercicio 2016 das axudas a emerxencia social (reparo 3/2016).

Conchi Ortega considera vergonzosa a situación e sinala que "non se pode poñer en risco aos máis vulnerables, aos que precisan axudas de emerxencia social só pola falta de xestión do Goberno local que provoca

unha serie de informes negativos por parte de Intervención pedindo a suspensión dos trámites".

"A solución é ben doada, e o Partido Popular xa hai máis de un ano que a levou a pleno, unha ordenanza que regule as axudas. E non o di só o Partido Popular, xa que os informes dos técnicos recomendan exactamente o mesmo ano tras ano", explica a voceira popular.

Nesta liña, sinala que "non sabemos canto máis hai que esperar para que o alcalde solucione este problema, e comece de unha vez cos trámites necesarios, porque aínda que este concello ten moitos problemas que precisan unha solución urxente, neste caso estase prexudicando ás familias con máis problemas económicos do concello".

Neste sentido, a voceira do PP recorda que "as axudas económicas municipais para este tipo de situación son un instrumento para previr a marxinación e a exclusión social, favorecendo a integración das persoas e para isto o Concello da Guarda precisa dispoñer dun instrumento áxil e efectivo, para que na medida do posible se concilie esta atención a persoas coa normativa, fixando un procedemento".

"O único que fai falta para solucionar este problema é ter vontade e ganas de traballar, pero diso o equipo de goberno parece que non entende", explica a voceira popular. "de cara aos veciños pretenden quedar ben, comprometéndose coa moción presentada polo PP a levar ao pleno unha ordenanza necesaria, pero á hora da verdade non fan nada, demostrando que nin lle importan os compromisos adquiridos nin os reparos que lle poidan poñer de intervención, pero o que é máis grave, sen importarlle os problemas desas familias que precisan axudas".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones