Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP da Guarda intenta estrangular a xestión municipal votando en contra da Conta Xeral de 2018

Antonio Lomba agradece ao BNG da Guarda a súa altura de miras ao demostrar que saben recoñecer que é fundamental a aprobación das contas para a boa xestión do concello.

Ao PP da Guarda non lle importa prexudicar aos seus veciños e veciñas se con iso consegue réditos políticos, como quedou demostrado no pleno da Conta Xeral, onde o seu portavoz Roberto Álvarez avergoñou a todos e cada un dos seus votantes coas súas declar

Fecha: 15 de Enero de 2020

Fuente: Concello da Guarda

No día de hoxe, 14 de xaneiro de 2020, celebrouse un pleno extraordinario para aprobar a Conta Xeral do ano 2018 como estipula a lei. Unha Conta Xeral que cumpre todos os requisitos para a súa presentación e aprobación no pleno, como son: o dictame da Comisión de Contas e a exposición publica da mesma, (sen que ninguén fixese alegacións) ademais de contar co informe favorable de intervención.

Pois ben, o alcalde Antonio Lomba sentiu vergoña pola actitude do portavoz do PP, Roberto Álvarez, ao ver que non soamente non se abstiña, senón que votaba en contra da aprobación das contas que temos que remitir á Xunta de Galicia, para poder optar ás subvencións e cumprir coa lei, buscando réditos partidistas e persoais clarísimos. A non aprobación e presentación da Conta Xeral produciría un importante prexuizo para as veciñas e veciños da Guarda que perderían o dereito recibir subvencións da Xunta para a nosa localidade. "Este era o seu obxectivo de hoxe para despois recriminar ao goberno que non é capaz de gobernar"

Pero do que parece que non se dá conta o señor Roberto Álvarez, "polos seus comentarios no pleno" é que as veciñas e veciños da Guarda non querían un goberno do Partido Popular e por ese motivo hoxe atópanse na oposición.

As afrontas constantes cara ao PSdeG-PSOE e ao propio alcalde fixeron que Antonio Lomba tivese que defenderse das malas formas do señor Roberto Álvarez dicíndolle "que tome boa nota do sucedido no pleno de hoxe, onde se constatou que o PP non ten a maioría." Así, a pesar do seu voto en contra, saiu adiante a Conta Xeral. O alcalde advertiulle que deixara de poñer paus nas rodas, que se o portavoz do PP cre que tería que ser el o alcalde, presente unha moción de censura, e se non, que deixe traballar aos que realmente queren un beneficio para este concello.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones