Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP da Guarda pide facilidades para os fillos de pais traballadores no acceso á escola infantil municipal

Conchi Ortega: é un tema tan importante para a vila, para os pais e nenos que por iso só dende o consenso da corporación se poderá cambiar o regulamento con éxito

Conchi Ortega: é un tema tan importante para a vila, para os pais e nenos que por iso só dende o consenso da corporación se poderá cambiar o regulamento con éxito

Fecha: 29 de Julio de 2017

Fuente: PP de A Guarda

A Guarda, 28 de xullo de 2017.- Trala moción presentada pola voceira do PP da Guarda Conchi Ortega, os populares conseguiron no pleno celebrado onte que o Goberno local se comprometera a reformar de forma urxente o regulamento da Escola Municipal Intantil da Guarda. "Un consenso necesario, -segundo Conchi Ortega-, tras os problemas que xorden todos os anos cando se convoca a comisión de baremación das solicitudes de entrada á escola infantil, derivados do regulamento actual".

A voceira popular explica que este ano houbo problemas coa consideración de pais que están en situación de excedencia laboral, coa definición de familia monoparental, problemas cos ingresos por anos e o máis grave, a discriminación de solicitudes de entrada de nenos con proxenitores que traballan.

Nesta liña incide en que "non ten ningún sentido que o Goberno local diga que defende e favorece a conciliación familiar cando despois discrimina o acceso aos nenos con pais traballadores, porque seguramente sexan os que máis precisen dese servizo.

Con todo, o PP é consciente e apoia que economicamente teñan condicións diferentes os pais en paro e polo tanto sexá subvencionada a contribución, pero o que non se pode consentir é que se lle negue o acceso aos fillos de traballadores.

Conchi Ortega di "é un tema tan importante para a vila, para os pais e nenos que por iso só dende o consenso da corporación se poderá cambiar o regulamento con éxito, adaptalo a realidade económica, de traballo, e familiar das familias. Esperamos que trala moción aprobada onte se empeze a traballar en breve por este cambio tan demandado polos pais dos nenos"

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones